miniatura|400px|Esquema dun sistema de acabalgamento mostrando unha fiestra e unha illa tectónica. O bloque da parede acabalgante chámase (cando ten unhas mínimas proporcións) manto de corremento ou nappe. Se se forma un burato por erosión no manto de corremento fórmase unha fiestra tectónica. Unha illa tectónica ou klippe é un afloramento solitario que forma como unha "illa" de material non erosionado rodeado do material autóctono de base. Unha illa tectónica ou klippe (en alemán cantil, en plural klippen) é unha estrutura xeolóxica característica de terreos con fallas de acabalgamento que forman mantos, na que unha porción de alóctono queda rodeada polo autóctono subxacente, debido á destrución de parte do alóctono (por erosión, por exemplo). En tal sistema, a masa rochosa (bloques superiores ou acabalgantes) que foi transportada polo movemento ao longo do acabalgamento chámase manto de corremento (nappe). Cando a erosión diferencial vai desgastando os materiais superiores (alóctono) van quedando expostos (afloran) os materiais de capas inferiores (autóctono).

A illa tectónica é a porción remanente dun manto de acabalgamento despois de que a erosión eliminou os materiais que o conectaban con dito manto de acabalgamento, quedando, por tanto, illado como unha illa de materiais alóctonos sobre unha base que o rodea de materiais autóctonos.Ciencias Geológicas-5: Tectónica . Dicionarios digitales. Este proceso ten como resultado a presenza de materiais atípicos ou exóticos en estratos superiores, que a miúdo se desprazaron en posición case horizontal, e a súa permanencia por encima de estratos subxacentes autóctonos, que non sufriron transporte.

Se unha porción de alóctono está parcialmente (pero non totalmente) rodeada de autóctono, denomínase lobo ou lóbulo.

O contrario de illa tectónica é unha fiestra tectónica, na cal o autóctono está rodeado de alóctono.

Algúns exemplos En Galicia un exemplo é o Complexo de Ordes. En Estados Unidos, Chief Mountain, Montana, é un exemplo de illa tectónica ou klippe. En España, o picacho da Serra de Cabra, no parque natural das Serras Subbéticas. En Suíza, Klein Mythen é unha montaña nos Alpes Glarus, próxima a Schwyz.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fiestra tectónica

Categoría:Xeoloxía estrutural