O home e o can é un filme galego de 2022 dirixido por Ángel de la Cruz. Está protagonizado por Manuel Manquiña e Paula Chaves. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en catro categorías, mellor filme, mellor actor (Manquiña), mellor guión e mellor fotografía, mais finalmente non conseguiu ningún galardón.

Sinopse Manuel é un home con discapacidade intelectual que vive só co seu can nunha aldea. Un accidente obrígao a ir á cidade na procura dun veterinario. Alí coñecerá a Paula, que tenta fuxir do seu fogar.

Personaxes Manuel Manquiña como Manuel Paula Chaves como Paula Estíbaliz Veiga como María Vicente Montoto como Francisco Gonzalo Uriarte como Emilio Denís Gómez como Xosé Isabel Blanco como Marta Víctor Fábregas

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina en Ézaro Films

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Ángel de la Cruz