miniatura|Interpretación da aparencia dun loberno O loberno é un ser mitolóxico da cultura galega, froito da unión entre un lobo e unha raposa. Nalgunhas ocasión semella moito máis un raposo e noutras un lobo de cor alaranxada ou con manchas desta cor. Ao atoparse diante del é inútil berrarlle porque é xordo e non escapa. O único que se pode facer é fuxir deixando atrás as propias pertenzas das que se alimentará.
Fascínate coa mirada e mesmo pode paralizarte ademais de poder ver a través das paredes. Cóase nos cemiterios para desenterrar mortos e comelos.
Adoitase ver nun cemiterio no Castelo, no concello de Muras.Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).
Orixe Martín Sarmiento no seu Catálogo de voces y frases de la lengua gallega sitúao na zona de Santo André de Teixido e arredores. Descríbeo como un animal pernicioso, peor co lobo pois só succiona o sangue do ganado facendo moito mal. Sarmiento pregúntase nos seus escritos se trátase do lobo cerval. Nas súas palabras podemos ler:
Outros autores como Xoán Cuveiro Piñol no seu dicionario do século XIX describía a voz loberno como un lince, un animal cuadrúpede de dous ou máis pés de alto, de cor cobriza escura con manchas negras, de cola curta, orellas longas e erguidas. E completa a súa descrición restándolle veracidade ao que se di da súa vista e dos ouriños. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Liberne
Categoría:Mitoloxía galega