Alba Mancebo Soto, coñecida como Alba Mancebo, nada en Cambeda (Vimianzo) en 1993, é unha xornalista e presentadora de tv galega.

Traxectoria Graduouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, despois de facer un curso na Universidade de Tours.

Traballou un ano na Radio Galega colaborando nos informativos e A tarde. En 2017 pasou ao departamento de Contidos Web da TVG. Participou en A Revista, falando dos contidos da rede. No 2018 creou a sección #instaGal para promover a lingua a través do Instagram da @TVGalicia. Foi nomeada xefa de Servizo do Departamento de Extensión Audiovisual da CRTVG.

En 2020 foi a presentadora do programa Os Castros, da TVG. Foi condutora do programa dos Fogos do Apóstolo 2022 con Noelia Rey e Arturo Fernández. Tamén con Arturo Fernández conduciu os Eventos G da TVG en 2022.

Participou en Ciencias da Comunicación (USC) no curso Escribir para as redes sociais achegando a súa experiencia. Foi pregoeira do Asalto ao Castelo de Vimianzo en 2019. En 2023 foi unhas das presentadoras dos Premios Mestre Mateo en Ourense.

É irmá do tamén xornalista Alberto Mancebo.

Premios

2019: Premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Onscreen Talent) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas. 2020: Finalista nos Premios Mestre Mateo no apartado de Mellor comunicador de televisión.

Notas

Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1993 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela