Sophie's Choice é un filme británico-estadounidense de 1982 dirixido e escrito por Alan J. Pakula. É unha adaptación da novela de 1979 Sophie's Choice escrita por William Styron. Está protagonizado por Meryl Streep como Zofia "Sophie" Zawistowski, unha inmigrante polaca nos Estados Unidos cun escuro segredo do pasado que comparte casa en Brooklyn co seu treboento amante Nathan (Kevin Kline no seu primeiro papel), e co escritor Stingo (Peter MacNicol). Rita Karin, Stephen D. Newman e Josh Mostel tamén forman parte do elenco.

Sophie's Choice estreouse nos Ánxeles o 8 de decembro de 1982 e nos cinemas dos Estados Unidos o 10 de decembro por Universal Pictures. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica e recadou 30 millóns de dólares. A actuación de Streep foi eloxiada case por unanimidade. O filme recibiu cinco nomeamentos na 55ª edición dos Óscar, ao mellor guión adaptado, mellor fotografía, mellor deseño de vestiario e mellor banda sonora orixinal, con Streep gañando o premio á mellor actriz.

Personaxes

Meryl Streep como Zofia "Sophie" Zawistowski Kevin Kline como Nathan Landau Peter MacNicol como Stingo Greta Turken como Lesley Lapidus Rita Karin como Yetta Zimmerman Stephen D. Newman como Larry Landau Josh Mostel como Morris Fink Marcell Rosenblatt como Astrid Weinstein Moishe Rosenfeld como Moishe Rosenblum Robin Bartlett como Lillian Grossman Eugene Lipinski como mestre polaco John Rothman como Librarian Neddim Prohic como Józef Katharina Thalbach como Wanda Jennifer Lawn como Eva Zawistowski Adrian Kalitka como Jan Zawistowski Joseph Leon como Dr. Blackstock David Wohl como mestre de inglés Nina Polan como muller na clase de inglés Vida Jerman como garda feminina das SS Josef Sommer como o narrador (Stingo de adulto) Karlheinz Hackl como doutor das SS Günther Maria Halmer como Rudolf Höss

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Alan J. Pakula Categoría:Filmes de ITC Entertainment Categoría:Filmes rodados en Croacia Categoría:Filmes ambientados en 1947 Categoría:Filmes sobre o nazismo