miniatura| Os caracois terrestres pulmonados adoitan ter dous xogos de tentáculos na cabeza; o par superior culmina nos ollos e o par inferior contén os órganos olfactivos. En anatomía, un pedúnculo ocular é unha protuberancia que separa o ollo do corpo, dándolle un mellor campo de visión. É unha característica común na natureza e aparece con frecuencia na ficción.Allayie SA, Ravichandran S, Bhat BA. Hormonal regulatory role of eyestalk factors on growth of heart in mud crab, Scylla serrata. Saudi J Biol Sci. 2011;18(3):283-286. doi:10.1016/j.sjbs.2011.02.003
Termo O termo aparece mencionado en galego no bUSCatermos, no apartado ablación do pedúnculo ocular.
Provén do latín científico pedunculus, e este é diminutivo do latín pes, pedis 'pé' e do latín ocŭlus “ollo” e o sufixo «-ar» que nos adxjectivos significa condición, relación ou pertenza, en latín tardío oculāris.
Tamén se emprega o termo omatóforo en galego reintegrado e en portugués, derivado do grego antigo ὄμμα (ómma, “ollo”) + -phore.
En castelán existe a variante ommatóforo da mesma raíz, e en inglés ommatophore.
Na natureza Os pedúnculos oculares son un tipo de tentáculo especializado. Tamén poden ter órganos olfactivos nos seus extremos. Exemplos de criaturas con tentáculos olfactivos inclúen os caracois, a superfamilia dos trilobites Asaphida e a familia das moscas Diopsidae. Nas lesmas, lesmas de mar e caracois estes tentáculos volven medrar no caso de se danar gravemente, e nalgunhas especies son retráctiles. Os crustáceos tamén teñen pedúnculos oculares, que consisten en dous segmentos.
Galería
Notas
Véxase tamén
Pedúnculo Ollo Tentáculo Bioloxía evolutiva
Categoría:Anatomía animal