Rebeca Sotelo Fernández nada en 1987, é unha empresaria vitivinícola e política galega, alcaldesa de Cenlle desde 2022.

Traxectoria En 2018 converteuse en propietaria da adega O Cotarelo, no Barral (Razamonde), onde traballa.

Concorreu nas listas electorais do PPdeG ás eleccións municipais de 2015 co número 8, e recuncou co número 4 na convocatoria de 2019, onde foi elixida concelleira. Logo da dimisión do alcalde Gabriel Alén para ir na candidatura do PPdeG ao Parlamento Galego, en marzo de 2020, pasou a ocupar a primeira tenza de alcaldía. En outubro de 2022 o novo alcalde Rodríguez Lamas dimitiu tamén, neste caso aducindo problemas persoais, e Sotelo foi elixida a nova alcaldesa e de paso presidenta da xestora do PP local. Foi a primeira alcaldesa (muller) de Cenlle.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Cenlle

Categoría:Alcaldes de Cenlle Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes