Oenococcus é un xénero de bacterias grampositivas pertencente á familia Lactobacillaceae. A única especie do xénero era ata hai pouco Oenococcus oeni (que se coñecía ata 1995 como Leuconostoc oeni). En 2006, identificouse a especie Oenococcus kitaharae. A especie tipo do xénero é Oenococcus oeni, que, como o seu nome (oeni) implica, ten unha grande importancia en enoloxía (a ciencia do viño), onde é unha das bacterias principais que intervén en completar a fermentación maloláctica, na que o ácido málico se converte en ácido láctico.
Notas A
Categoría:Lactobacillaceae