Nevada Express (en ) é un filme estadounidense de 1975 dirixido por Tom Gries. Está protagonizado por Charles Bronson, Ben Johnson, Richard Crenna e Jill Ireland. Baséase na novela de 1974 Breakheart Pass do autor escocés Alistair MacLean (1922–1987), e rodado no norte e centro de Idaho.
Estreouse en lingua galega o 19 de marzo de 2023 a través da TVG.
Sinopse Cando Fort Humboldt, un destacamento militar no afastado oeste, é golpeado por unha epidemia de difteria, as autoridades envían un tren de axuda con subministrcións médicas e soldados. Porén, varios pasaxeiros do tren son asasinados. John Deakin (Charles Bronson), un recluso que está sendo transportado baixo custodia dun comisario, comeza a facer indagacións sobre esa carnizaría.
Personaxes
Charles Bronson como Axente John Deakin / John Murray Ben Johnson como U.S. Marshal Pearce Richard Crenna como Gobernador Richard Fairchild Jill Ireland como Marica Charles Durning como O'Brien Ed Lauter como Comandante Claremont Bill McKinney como Reverendo Peabody David Huddleston como Dr. Molyneux Roy Jenson como Chris Banion Rayford Barnes como Sarxento Bellew Scott Newman como Rafferty Robert Tessier como Levi Calhoun (voz de Paul Frees (sen acreaditar)) Joe Kapp como Henry Archie Moore como Carlos Sally Kirkland como Jane–Marie Sally Kemp como prostituta Eddie Little Sky como xefe White Hand Keith McConnell como Gabriel John Mitchum como Red Beard Read Morgan como Capitán Oakland Robert Rothwell como Tenente Newell Casey Tibbs como Jackson Doug Atkins como Jebbo Eldon Burke como Ferguson (sen acreditar) Irv Faling como Coronel Scoville (sen acreditar) William Klein como Seamon Devlin (sen acreditar) Ron Ponozzo como Soldado (sen acreditar))
Notas
Categoría:Filmes de 1975 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de 1975 con versión en galego