Luis Angel Caffarelli, nado en Bos Aires, Arxentina o 8 de decembro de 1948, é un matemático arxentino. Dende 1973 leva radicado nos Estados Unidos e ten a dobre nacionalidade. É un expecialista punteiro no eido das ecuacións diferenciais parciais e as súas aplicacións.

Traxectoria

Carreira Caffarelli naceu e medrou en Buenos Aires. Obtivo o máster en Ciencias Exacta en 1968 e o doutoramento (1972) na Universidade de Bos Aires baixo a titoría de Calixto Calderón. Continuou os seus estudos de posgrao na Universidade de Minnesota, onde foi profesor asistente, profesor asociado e finalmente, profesor con categoría plena de 1979 a 1984. A seguir, traballou na Universidade de Chicago, despois no Instituto Courant de Ciencias Matemáticas da Universidade de Nova York en dúas etapas e, de 1986 a 1996, foi profesor no Institute for Advanced Study (IAS) de Princeton. Dende 1997, traballa na Universidade de Texas en Austin, onde ocupa hoxe en día a Cátedra Sid Richardson.

Campo de traballo Caffarelli recibiu un gran recoñecemento co seu traballo innovador The regularity of free boundaries in higher dimensions publicado en 1977 en Acta Mathematica. Desde entón, foi considerado un dos principais expertos mundiais en problemas de fronteiras libres (nos que se describe o que sucede o que sucede na superficie de contacto dun sistema dinámico como o xeo nun vaso de auga ou nuha fronte atmosférica) e ecuacións en derivadas parciais non lineais. Desenvolveu varios resultados de regularidade para ecuacións elípticas totalmente non lineais, incluíndo a ecuación de Monge-Ampere. Tamén é famoso polas súas contribucións á homoxeneización. Recentemente, interesouse polas ecuacións integro-diferenciais.

Un dos seus traballos máis citados e celebrados, realizado en 1982 en colaboración con Louis Nirenberg e Robert V. Kohn,Caffarell & Kohn e Nirenberg 1982 refírese á regularidade parcial das solucións débiles adecuadas das ecuacións de Navier-Stokes que describen, dende 1845, o fluxo dun fluído viscoso como o aceite.

Obra Ten publicados máis de douscentos artigos en revistas académicas e foi coautor de dous libros:

Fully Nonlinear Elliptic Equations, con Xavier Cabré (1995). Providence, RI: American Mathematical Society. ISBN 0-8218-0437-5 A Geometric Approach to Free Boundary Problems (2005) con Sandro Salsa. Providence, RI: American Mathematical Society. ISBN 978-0-8218-3784-9

Premios e recoñecementos Ao longo da súa carreira, foi nomeado bolseiro visitante en institutos e universidades de Australia, Italia e Alemaña, e deu conferencias e coloquios no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), Berkeley, Stanford, a Universidade de Nova York e a Universidade de Bonn entre outros lugares. Ademais, anualmente imparte cursos e seminarios na Universidade de Bos Aires, onde é Profesor Honorario.

En 1991 foi elixido membro da Academia Nacional de Ciencias, de Estados Unidos. Foi Doutor honoris causa pola Escola Normal Superior de París; Universidade de Notre Dame; Universidade Autónoma de Madrid e Universidade da Prata, Arxentina. Recibiu o Premio Bôcher en 1984. En 1997, foi presidente da Olimpiada Matemática Internacional celebrada en Mar del Plata. En 2003, a Fundación Konex da Arxentina concedeulle o Premio Diamond Konex, un dos máis prestixiosos da Arxentina, como o científico máis importante do seu país na última década xunto con Mirta Roses Periago. En 2005, recibiu o prestixioso Premio Rolf Schock da Real Academia Sueca de Ciencias "polas súas importantes contribucións á teoría das ecuacións en derivadas parciais non lineais"

Tamén é un dos escasos científicos do seu país que forman parte da Academia Pontificia das Ciencias. Dende entón, Caffarelli, ostenta o título de "Excelencia" e goza dunha honra que só conseguiran outros dous grandes científicos arxentinos, como Bernardo Houssay e Luis Federico Leloir. Entre outras distincións, recibiu do papa Xoán Paulo II, en 1988, a Medalla de Ouro Pío XI, instituída en honor deste pontífice, polo seu labor a favor da Academia Pontificia das Ciencias.

En 2009, recibiu o Premio Leroy P. Steele pola súa traxectoria nas matemáticas. En 2012, foi galardoado co Premio Wolf (conxuntamente con Michael Aschbacher) polos seus traballos sobre a regularidade das ecuacións elípticas e parabólicas, os problemas de fronteiras libres e a mecánica de fluídos. En 2015, a Real Academia das Ciencias decidiu nomealo como Académico Correspondente Numerario. O acto de inauguración tivo lugar o 3 de xuño dese ano, na sede da Academia onde o novo académico impartiu a conferencia Difusións non lineais, un dos temas polos que é coñecido mundialmente.

En 2017, impartiu a Conferencia Łojasiewicz sobre Some models of segregation (en galego, Algúns modelos de segregación) na Universidade Jagellónica de Cracovia e, en 2018, recibiu o Premio Shaw en Matemáticas.

En 2023, se converteu no primeiro latinoamericano galardoado co Premio Abel "polas súas contribucións fundamentais á teoría da regularidade para ecuacións diferenciais parciais non lineais, incluíndo problemas de fronteiras libres e a ecuación de Monge-Ampère". A cerimonia de entrega do premio será en Oslo o 23 de maio de 2023.

Vida persoal Está casado con Irene Martínez Gamba, tamén brillante matemática.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Luis Caffarelli at the Mathematics Genealogy Project Sito na Universidade de Texas Reseña de Fully nonlinear elliptic equations

Categoría:Profesores da Universidade de Chicago Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Profesores da Universidade de Texas en Austin Categoría:Profesores da Universidade de Minnesota Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Profesores da Universidade de Nova York Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota