O tesouro de Thornbury é un conxunto de 11.460 moedas romanas cuñadas en aliaxe de cobre, algunhas delas antoninianos e a maior parte nummi dos séculos III e IV, descuberto en Thornbury, Gloucestershire, Inglaterra, en marzo de 2004.
Está considerado como o terceiro máis grande da súa clase achado en Gran Bretaña.
Descuberta e escavación Este depósito monetario foi achado por Ken Allen en marzo de 2004, no curso das obras realizadas para a construción dun estanque no xardín traseiro da súa casa, en Thornbury, ao sur de Gloucestershire.Treasure Annual Report 2004. Department for Culture, Media and Sport. Nº 450. Páxina 181.Tríptico: "Pots of money... Roman style!. The Thornbury Hoard". South Gloucestershire Council. 2007.
As moedas estaban dispostas no interior dunha grosa vasilla decorada de cerámica gris, cunha altura de entre 40 e 50 cm, que apareceu soterrada e fragmentada, probablemente procedente de Monmouthshire, Gales. Este tipo de recipientes era moi común durante os séculos III e IV.
Allen informou do achado e levouno ao Museo e Galería de Arte da Cidade de Bristol, onde a súa pesaxe deu como resultado 28,6 kg. Logo foron enviadas ao Museo Británico; alí, na súa maior parte, as moedas identificáronse e clasificáronse doadamente, dado o seu bo estado de conservación, logo de seren extraídas do recipiente e sometidas a un tratamento químico de limpeza.
Como resultado dunha investigación posterior, un xuíz de instrución declarou o achado como "tesouro", consonte a Lei do Tesouro de 1966, e un comité de taxación valorouno posteriormente en 40.000 libras.
O Museo e Galería de Arte da Cidade de Bristol adquiriu o conxunto, con apoio financeiro de diversas entidades, entre ás o Heritage Lottery Fund e o Headley Museums Treasure Acquisition Scheme.
Contido O tesouro de Thornbury foi considerado como o terceiro máis grande da súa clase". Consta de 11.449 nummi e 11 antoninianos, todos eles cuñados en aliaxe de cobre.
miniatura|300x300px|O tesouro de Thornbury exposto nunha vitrina do Bristol City Museum and Art Gallery.
As moedas deste depósito proceden de diversas cecas imperiais romanas e datan desde o reinado de Galieno, en 260, ata as máis recentes de 348, durante a dinastía constantiniana. No entanto, a gran maioría dos exemplares foron cuñadas durante a década de 330 e amosan nos seus reversos a lenda GLORIA EXERCITUS, con tres tipoloxías diferentes en función dos motivos representados neses reversos: a imaxe de dous soldados con estandartes lexionarios, ou ben tipos conmemorativos que representan as capitais de Roma e Constantinopla, ou ben conmemorativos da batalla de Crisópole, librada entre Constantino I e Licinio, coa imaxe da Vitoria en pé sobre a proa dun barco, no seu reverso.
Este achado comparouse, tanto polo seu tamaño como pola súa constitución, co do tesouro de Bishopswood,"The Bishopswood hoard". En Proceedingas of the Society of Antiquaries. Vol. 7. Nº 21.1896. Páxina 166. Herefordshire (17.548 moedas), e co tesouro Nether Compton,"Nether Compton Hoard". Forvm Ancient Coins. en Dorset (22.500 moedas), atopados en 1895 e en 1989, respectivamente.
A táboa seguinte reflicte a distribución por emperadores e períodos dos antoninianos e dos nummi que compoñen o tesouro de Thornbury:
+EmperadorPeríodoExemplaresDenominaciónGalieno260-2682AntoninianoClaudio II268-2701AntoninianoTetrico I / II271-2746AntoninianoCarausio287-2931Antoniniano——1Ant. bárbaroConstantino I313-31713NummusConstantino II318-33059NummusFamilia constantiniana330-33511.232Nummus335-34087Nummus341-3482Nummus——49Nummus bárbaro——7(Ilexible)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794
Outros artigos
Tesouro
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Tesouros romanos