Rosemary Radford Ruether, nada en Saint Paul, Minnesota, o 2 de novembro de 1936 e finada en Pomona, California o 21 de maio de 2022, foi unha académica feminista, filósofa, escritora, teóloga católica e ambientalista estadounidense coñecida polas súas importantes contribucións ao campo da teoloxía feminista.
Foi unha defensora da Ordenación de mulleres, un movemento entre persoas relixiosas católicas que afirman a capacidade das mulleres para servir como sacerdotes. Desde 1985, foi membro da xunta do grupo Católicos pola Elección.
Teoloxía feminista Segundo ela, as mulleres están excluídas dos roles académicos e do liderado dentro da teoloxía, o que levou á proliferación de actitudes e crenzas androcentristas. Sen mulleres capaces de contribuír ás importantes discusións e decisións que rodean a teoloxía e a práctica cristiás, nunca haberá unha representación equitativa da experiencia das mulleres nas crenzas e tradicións teolóxicas. A súa crenza é que calquera cousa que diminúa a humanidade da muller non debe ser un reflexo da intención divina. O principio máis importante da teoloxía feminista para ela, é a promoción da humanidade plena da muller na teoloxía e as tradicións cristiás. Para facer isto, non só débese recoñecer e codificar a experiencia feminina, senón que se debe revaluar a comprensión mesma de cousas como a experiencia e a humanidade.
Notas
Categoría:Personalidades do catolicismo dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades da filosofía feminista Categoría:Filósofos da relixión Categoría:Nados en Saint Paul, Minnesota Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Teólogos católicos