miniatura|Elops machnata. miniatura|Elops saurus. Os elópidos (Elopidae) son unha familia de peixes cun único xénero, Elops, incluída na orde Elopiformes. O seu nome procede do grego ellops, un tipo de serpe.
Aparecen por primeira vez no rexistro fósil no Cretáceo inferior.
Hábitat Son principalmente peixes mariños, distribuídos por augas tropicais e subtropicais dos océanos Atlántico e Pacífico, aínda que os xuvenís adoitan vivir en estuarios e remontar os ríos para vivir en auga doce. Son pescados en pesca deportiva.
Morfoloxía Teñen o corpo fusiforme, oval e lixeiramente comprimido; grandes ollos parcialmente recubertos con pálpebras adiposas; boca terminal, cunha mandíbula superior que se estende até o bordo posterior dos ollos e unha mandíbula inferior prominente, cunha placa ósea ventral entre as súas dúas branquias; gran pseudobranquia; o estado larva é translúcido.
Normalmente teñen entre 20 e 25 raios na aleta dorsal, cunhas aletas pelvianas que se insiren por baixo ou por detrás da orixe da aleta dorsal; tanto a aleta dorsal como a anal teñen a súa base cunha vaíña escamenta; as aletas pectorais e pelvianas teñen ósos auxiliares de proxección.
Especies Existen seis especies agrupadas neste xénero e familia:
Familia Elopidae: Xénero Elops: Elops affinis (Regan, 1909) Elops hawaiensis (Regan, 1909) Elops lacerta (Valenciennes, 1847) Elops machnata (Forsskål, 1775) Elops saurus (Linnaeus, 1766) Elops senegalensis (Regan, 1909)
Notas
«Elopidae (TSN 161109)». Sistema Integrado de Información Taxonómica (en inglés).
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Acantopterixios