Ramón López Rodríguez, finado en Soutorredondo (Lesende, Lousame) o 25 de novembro de 1959, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Dono da papeleira de Soutorredondo. Na ditadura de Primo de Rivera foi presidente da Unión Patriótica de Lousame.La Voz de Galicia, 15-8-1929, p. 2. Coa proclamación da Segunda República e ao anularse as eleccións no concello de Lousame foi nomeado alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado civil do concello de Lousame polo gobernador civil o 13 de agosto.BOP A Coruña, 14-8-1936, p. 2. Permaneceu como alcalde ata 1952. Finou en Soutorredondo o 25 de novembro de 1959.La Voz de Galicia, 27-11-1959, p. 5.

Recoñecementos

Foi nomeado alcalde honorario do concello de Lousame. Vida persoal

Foi pai de Aurora, José, Teresa e Obdulia López Freijedo. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Alcaldes de Lousame Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1959