dereita|400px|miniatura|As seis cartas dos indios Camarões. As cartas dos índios Camarões (en ) ou cartas tupís dos Camarões (en ) son unha serie de seis cartas intercambiadas entre os indios potiguaras durante 1645, na primeira metade do século XVII, no contexto da invasión neerlandesa do Brasil. Son os únicos textos coñecidos escritos por indios brasileiros até a Independencia do Brasil. As cartas dos indios Camarões son os únicos rexistros escritos de tupí antigo da época do Brasil colonial. No presente, a correspondencia está almacenada nos arquivos da Biblioteca Real dos Países Baixos, e consérvase alí dende hai case 400 anos.
Aínda que a correspondencia era coñecida dende 1885 e xa houbera intentos previos de tradución, o desciframento completo do seu contido só foi publicado por primeira vez en outubro de 2022 polo filólogo Eduardo de Almeida Navarro, quen tamén as transcribiu e comentou.
Máis tarde atopouse unha sétima carta no Arquivo Nacional, na cidade de Río de Xaneiro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Lingua tupí Categoría:Historia do Brasil