Sabina Chebichi, nada no condado de Trans-Nzoia o 13 de xuño de 1959, é unha ex-atleta de medio fondo kenyana coñecida popularmente como «a princesa das enaguas».

Traxectoria Sabina Chebichi naceu no condado de Trans-Nzoia, ao noroeste de Nairobi. Cursou os seus primeiros estudos na escola primaria de Mlimani.

Chebichi comezou a correr en 1972. Obtivo a vitoria na súa primeira carreira, en Kechiko. Cando se soubo a través dos medios dunha colexiala que competía sen equipamento, Feisal Sherman, daquela secretario da Kenya's Amateur Athletic Association (hoxe Athletics Kenya) envioulle equipamento e calzado para correr. Con 14 anos converteuse na primeira muller kenyana en gañar unha medalla nos Xogos da Commonwealth de 1974 en Christchurch (Nova Zelandia). Obtivo o bronce nos 800 m feminino cunha marca de 2:02:61. Competiu tamén nas carreiras femininas de 4 x 400 m e 1500 m, competicións nas que quedou en 8º e 5º lugar, respectivamente.

Chebichi fora convocada para as Olimpíadas de 1976, celebradas en Montreal (O Canadá) do 17 de xullo ao 1 de agosto antes do seu país, Kenya, boicotear os xogos xunto con outros países africanos. A súa carreira detívose cando ficou grávida.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Atletas de Kenya Categoría:Nados en Kenya Categoría:Personalidades sen imaxes