Alberto Mancebo Soto, coñecido como Alberto Mancebo, nado en Vimianzo o 10 de xullo de 1983, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Licenciouse en Xornalismo pola USC coa especialidade en radio e televisión, e despois completou a formación en Liverpool.

Desde 2004 traballou para a Televisión de Galicia, viaxando por Europa, Canadá, Brasil ou Panamá. Durante cinco anos foi correspondente en Portugal e despois regresou a Galicia onde en 2023 presentaba o Telexornal Fin de Semana canda Irene Lourido.

En 2023 publicou a súa primeira novela, O que me quedaba por dicirche, e ese mesmo ano gañou o Manuel Lueiro Rey de novela curta por Indolente.

Vida persoal Alberto Mancebo é irmán da tamén xornalista Alba Mancebo. Identifícase como non-heterosexual. É parella do tamén xornalista David Espiño.

Obra

miniatura|Presentación de O que me quedaba por dicirche co autor Alberto Mancebo, a escritora Sara Vila e a xornalista Irene Lourido, Libraría Paz de Pontevedra, 19/10/2023O que me quedaba por dicirche (2023). Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-1110-362-6. ePub: ISBN 978-84-1110-370-1. Indolente (2024). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-571-2. ePub: ISBN 978-84-1110-571-2. Os tres nomes da Sartegua (2026). Vigo: Xerais. 232 páxs. ISBN 978-84-1110-860-7. ePub: ISBN 978-84-1110-865-2.

Premios

2023: Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey por Indolente.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Podcast Pasarse da raia de Alberto Mancebo

Categoría:Nados en Vimianzo Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escritores LGBT de Galicia