Sami Haapanen, nado en Espoo o 16 de xaneiro de 1975 é un adestrador de hóckey sobre xeo finlandés, vinculado principalmente ao hóckey sobre xeo feminino, particularmente ao equipo do Kiekko-Espoo.
Haapanen comezou a súa carreira como adestrador xefe do KS Noux de Espoo na tempada 2002-03 da Naisten SM-sarja, equipo que tamén dirixiu na tempada seguinte xa na segunda categoría. Na tempada 2006-07 chegou ao banco das Espoo Blues como adestrador asistente, aínda que na tempada seguinte converteuse no adestrador xefe, co que se proclamou campión de liga.
En 2010, logo de revalidar o título na tempada 2008-09, levou o equipo de Espoo ás finais, mais caeu fronte o Ilves de Tampere. E logo de non conseguir ningunha medalla na tempada 2010-11, deixou o equipo.
Logo do seu regreso ás Blues na tempada 2013-14 mantívose sempre como adestrador xefe do equipo, conseguindo cinco campionatos (2014, 2015, 2019, 2021 e 2022), dúas pratas (2017 e 2023) e un bronce (2016).
Na tempada 2013-14 recibiu o trofeo Hannu Saintula como mellor adestrador da Naisten SM-sarja, repetindo en 2019 e 2022.
Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Espoo Categoría:Adestradores de hóckey sobre xeo Categoría:Adestradoras e adestradores de Kiekko-Espoo Naiset Categoría:Gañadoras e gañadores do Trofeo Hannu Saintula