Manuel Deza Castro, nado en Rairo (Ourense) cara a 1877 e finado na mesma parroquia o 2 de outubro de 1941, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Militante da UGT e membro da Agrupación Socialista de Ourense. Foi elixido concelleiro polo distrito de poñente en 1931. Foi presidente do Comité de la Federación Agraria da Provincia de Ourense (1931). Participou como orador en mitins agrarios en Allariz e Vilamarín. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.BOE, 7-11-1941, p. 4084 Finou en Rairo o 2 de outubro de 1941 con 65 anos.Necrolóxica en La Región, 3-10-1941, p. 4.

Vida persoal Casou con Marcelina Pérez Docabo.

Notas

Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Concelleiros de Ourense

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1943