José Fernández Pérez, coñecido como Pepe da Botica, nado en Ourense o 12 de xaneiro de 1895 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Auxiliar de farmacia. Membro da Agrupación de Dependencia Mercantil e Bancaria da UGT que presidiu en 1935 e afiliado da Agrupación Socialista de Ourense da que foi presidente en 1935 e 1936.La Región, 4-6-1936, p. 2. Foi elixido concelleiro de Ourense en 1931 e foi deputado provincial. Na folga xeral revolucionaria de 1934 pertenceu ao Comité Revolucionario de Ourense. Pertenceu á masonaría co nome simbólico "Augusto Bebel" formando parte das loxas Jovellanos nº 1 de Oviedo, Triángulo Adelante nº 7 e Constancia nº 7 de Ourense.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu oculto na casa da súa irmá ata que foi detido o 20 de febreiro de 1937.La Región, 21-2-1937, p. 1. Foi xulgado en consello de guerra e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.La Región, 12-10-1937, p. 3.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Masóns de Galicia

Categoría:Sindicalistas da UGT

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1895

Categoría:Finados en 1937