Severino Nóvoa Gutiérrez, nado en Ourense cara a 1911 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista e xornalista galego.
Traxectoria Camareiro e militante das Xuventudes Socialistas de Ourense. Foi presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares de Ourense afiliada á UGT. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido.La Región, 13-10-1934, p. 3. Foi director do periódico antifascista Espartaco.El Compostelano, 13-10-1937, p. 2. Interveu no mitin de Maceda na campaña da Fronte Popular en abril de 1936,La Región, 3-4-1936, p. 11. e no mitin do Primeiro de Maio dese ano en Ourense con Luis Acuña Nóvoa e Adriano Romero Cachinero.El Pueblo Gallego, 3-5-1936, p. 13.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na reunión celebrada no Goberno Civil de Ourense para organizar a resistencia. Fuxiu e agochouse na casa do seu avó José María Nóvoa en Sabadelle, onde foi detido na madrugada do 16 de marzo de 1937.El Pueblo Gallego, 18-3-1937, p. 9.La Región, 19-3-1937, p. 3. Acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e transcendencia, foi xulgado en consello de guerra o 23 de xullo de 1937,La Región, 24-7-1937, p. 3. e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.La Región, 12-10-1937, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Severino Nóvoa Gutiérrez en Ourense Socialista.
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1937