High Energy Transient Experiment 1 ou HETE 1 foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 4 de novembro de 1996 mediante un foguete Pegasus XL desde as instalacións de Wallops Island.

Características A misión de HETE 1, liderada polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, foi estudar os gromos de raios gamma en lonxitudes de onda de raios gamma, raios X e ultravioleta. Tiña a característica de poder localizar con precisión os gromos.

Debido a un fallo da terceira etapa do Pegasus XL, HETE 1 quedo unido ao foguete e sen poder desplegar os seus paneis solares, polo que acabou reentrando na atmosfera sen poder cumprir a súa misión. En 2000 voou HETE 2 coa mesma misión e usando instrumentos de reposto da misión orixinal.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Pegasus XL HETE 2

Categoría:Observatorios espaciais