Solanum elaeagnifolium é unha planta solanácea común nativa do sueste dos Estados Unidos, que ás veces é unha mala herba no oeste de Norteamérica e tamén se encontra en Suramérica. (1984): Intermountain Flora; Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A. (Vol. 4. Subclass Asteridae except Asteraceae). The New York Botanical Garden.
Solanum elaeagnifolium describiuna A. J. Cavanilles. A planta que foi descrita con este mesmo nome por W. Herbert e C. L. Willdenow baseándose en E.G. von Steudel é, en realidade, Solanum aethiopicum.
Descrición e ecoloxía
É unha planta perenne de 10 cm (1984): A Field Guide to Southwestern and Texas Wildflowers. Houghton Mifflin Company, a 1 m de altura. Os talos están cubertos de pelos espiñentos parecidos aos pelos das ortigas, que poden ser moi poucos nalgunhas plantas a formar unha cuberta densa noutras. As follas e talos están cubertos con pelos suaves (tricomas) que ocultan a superficie da planta, dándolle unha aparencia prateada ou cincenta.
miniatura|esquerda|Flor de S. elaeagnifolium miniatura|Bagas de S. elaeagnifolium As follas son de ata 15 cm de longo e 0,5 a 2,5 cm de largo, con beiras onduladas pouco pronunciadas, o cal a distingue da especie estreitamente relacionada S. carolinense, que ten follas máis anchas e con indentación máis profunda. As flores aparecen de abril a agosto e teñen cinco pétalos unidos para formar unha estrela, de cor azul a lavanda claro ou ocasionalmente brancas; cinco estames amarelos e un pistilo forman unha parte central proxectada. A planta produce bagas amarelas brillantes, laranxas ou vermellas que duran todo o inverno e poden volverse marróns cando secan.
O seu rango de distribución vai nos Estados Unidos de Kansas ao sur de Luisiana, e cara ao oeste a través dos estados que lindan con México e no propio México, e tamén se encontra no Uruguai, a Arxentina e Chile. (2006): Germplasm Resources Information Network - Solanum elaeagnifolium. Versión of 14 de xaneiro de 2006. Consultado o 26 de setembro de 2008. Pode ser que se orixinase en Norteamérica e que se introducise accidentalmente en Suramérica (2008): Silverleaf Nightshade. Versión do 9 de xullo de 2008. Consultado o 26 de setembro de 2008. ou á inversa. Pode crecer en solos pobres con moi pouca auga. Reprodúcese por rizomas e por sementes e é común en hábitats alterados. Considérase unha mala herba daniña en 21 dos estados de EUA e en países onde se pode introducir como Australia, Exipto, Grecia, India, Israel, Italia, Suráfrica e Zimbabwe. (2005): Oregon Invasive Species Action Plan. PDF fulltext É tóxica para o gando e moi difícil de controlar, xa que cachos de raíces con menos de 1 cm de longo poden rexenerar a planta. : Encycloweedia – Solanum part 2. Consultado o 2008-SEP-26. Porén, algúns xardineiros recoméndana como planta oramental de xardíns de climas secos (xeroxardíns).
Os indios pima usaban as súas bagas como callo vexetal, e os kiowas usában as súas sementes xunto con tecido cerebral animal para curtir coiro.
Toxicidade
A inxestión da planta foi sinalada como causa da toxicose por ivermectina en cabalos ao que se lle deu a dose recomendada do fármaco, que debería ser inocua. Especúlase que os metabolitos da planta alteran a barreira hematoencefálica, permitindo que a ivermectina a traspase e altere as funcións neurotransmisoras no cerebro e medula espiñal do animal.
Sinónimos miniatura|Póla florida de S. elaeagnifolium Esta planta foi descrita con moitos nomes, todos agora inválidos. Entre eles hai moitos homónimos: : Solanum elaeagnifolium. Consultado o 26 de setembro de 2008. Solanum dealbatum Lindl. Solanum flavidum Torr. Solanum incanum Pav. ex Dunal (non L.: pre-ocupado) S. incanum de Ruiz & Pavón Jiménez é S. albidum descrita por Dunal. S. incanum de Kitaibel baseado en Kanitz é S. villosum descrita por Philip Miller S. incanum de Scheff. é S. schefferi. S. incanum var. lichtensteinii e var. subexarmatum son S. lichtensteinii. Solanum leprosum Ortega Solanum obtusifolium Dunal (non Willd.: pre-ocupado) S. obtusifolium de Hartweg baseada en Otto Sendtner en von Martius é S. ferrugineum. S. obtusifolium de Willdenow é S. aethiopicum. Solanum pyriforme var. uniflorum Dunal Solanum roemerianum Scheele Solanum saponaceum Hook. (non Dunal: pre-ocupado) S. saponaceum de Welwitsch é S. aculeastrum. S. saponaceum var. uruguense é S. bonariense. Solanum texense Engelm. & A.Gray Solanum uniflorum Meyen ex Nees (non Dunal: pre-ocupado) S. uniflorum de de Conceição Vellozo é S. pseudocapsicum. S. uniflorum de Sessé & Mociño e S. uniflorum de Dunal en Poiret foi identificado como Lycianthes mociniana. S. uniflorum de Lagasca y Segura e Solanum uniflorum var. berterianum son especies indeterminadas de Lycianthes.
Varias variedades e formas de S. elaeagnifolium recibiron nomes. Xeralmente non son consideradas taxonomicamente distintas: Solanum elaeagnifolium f. albiflorum Cockerell Solanum elaeagnifolium var. angustifolium Kuntze Non confundila con S. angustifolium de Philip Miller Solanum elaeagnifolium var. argyrocroton Griseb. Solanum elaeagnifolium f. benkei Standl. Solanum elaeagnifolium var. grandiflorum Griseb. Non confundila con S. grandiflorum de Ruiz e Pavón Jiménez Solanum elaeagnifolium var. leprosum (Ortega) Dunal Solanum elaeagnifolium var. obtusifolium (Dunal) Dunal
S. elaeagnifolium var. ovalifolium non se refire a S. ovalifolium descrita por Dunal e non pertence á actual especie; é en realidade S. aridum. Por outra parte, S. crispum var. elaeagnifolium é a normal S. crispum de Ruiz e Pavón Jiménez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Solanaceae