Rita Lee Jones de Carvalho OMC, nada en São Paulo no 31 de decembro de 1947 e finada ibídem o 8 de maio de 2023, foi unha cantante, compositora, multi-instrumentista, actriz, escritora e activista brasileira, coñecida como a "raíña do rock brasileiro".Alves, Luciano. O melhor do rock Brasil: melodias cifradas para guitarra, violão e teclados, p. 5. São Paulo: Irmãos Vitale, 2001. (en portugués) ISBN 8574071331 Rita vendeu máis de 55 millóns de discos, sendo a cuarta artista máis exitosa neste sentido no Brasil, só por detrás de Tonico & Tinoco, Roberto Carlos e Nelson Gonçalves.

Carreira Construíu unha carreira que comezou co rock pero que co paso dos anos coqueteou con diferentes xéneros, como a psicodelia durante a época do tropicalismo, o pop rock, a música disco, a New Wave, o MPB, a bossa nova e a música electrónica, creando un hibridismo pioneiro entre xéneros nacionais e internacionais.

Rita foi considerada unha das mulleres máis influentes do Brasil, sendo unha referencia para aquelas que chegaron a utilizar a guitarra a partir de mediados dos anos 70. Preto, Marcus. "Não nasci para casar e lavar cuecas", revela Rita Lee. Rolling Stone Brasil. Consultado em 15 de julho de 2019. Antigo membro do grupo Os Mutantes (1966–1972) e Tutti Frutti (1973–1978), participou en importantes revolucións no mundo da música e da sociedade. As súas cancións, xeralmente regadas con ironía ácida ou reivindicación da independencia feminina, fixéronse omnipresentes nas listas, sendo as máis populares "Ovelha Negra", "Mania de Você", "Lança Perfume", "Agora Só Falta Você", "Baila Comigo", "Banho de Espuma", "Desculpe o Auê", "Erva Venenosa", "Amor e Sexo", "Reza", "Menino Bonito", "Flagra" e "Doce Vampiro", de entre outras. O álbum Fruto Proibido (1975), editado coa banda Tutti Frutti, é considerado habitualmente como un fito fundamental na historia do rock brasileiro, considerado por algúns como a súa obra mestra.Roberto Nascimento, "Esse tal de Rock... ACERTOU". Estadão (18 de dezembro de 2010). Acesso: 28 de julho, 2011.

En 1976 comezou unha relación sentimental co guitarrista Roberto de Carvalho, que desde entón é o seu compañeiro na maioría das súas cancións. Tiveron tres fillos, entre eles Beto Lee, tamén guitarrista, que acompañaba aos seus pais nos programas. Rita era vegana e defensora dos dereitos dos animais.direitos. Consultado em 29 de janeiro, 2012. Cunha carreira de 60 anos, a artista pasou da innovación musical da década de 1960 e 1970 ás baladas románticas moi exitosas da década de 1980 e unha revolución musical,Almir Chediak, Rita Lee Songbook, p.10. Irmãos Vitale, 1990. despois de ter actuado con innumerables artistas que van desde Elis Regina e João Gilberto á banda Titãs. En outubro de 2008, a revista Rolling Stone promoveu a lista dos cen máis grandes artistas da música brasileira, onde Rita ocupa o posto 15.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Video de "Minha Menina"

Categoría:Feministas do Brasil

Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Cantantes en lingua portuguesa Categoría:Nados en São Paulo Categoría:Finados en 2023 Categoría:Nados en 1947 Categoría:Veganismo