miniatura|Rexión de Vestfirðir, onde se produciu o masacre. A chamada matanza dos españois (en ) foi un asasinato colectivo ocorrido en Islandia no século XVII. Uns baleeiros vascos chegaron nunha expedición de caza até Islandia en 1615 e alí foron asasinados tras conflitos coa poboación local da rexión de Vestfirðir.La salvaje matanza de los españoles en Islandia durante el invierno de 1615, ABC, 27 de abril de 2015.Cuando en Islandia estaba bien visto matar vascos, El País, 29 de abril de 2015.

Contexto Na primeira metade do século XVI os baleeiros vascos desenvolveron a primeira industria baleeira a grande escala do mundo en Terra Nova. O centro desta industria eran dez portos da costa meridional da península do Labrador. Durante a etapa de apoxeo, nas décadas de 1550 a 1570, a frota estaba formada por unha trintena de barcos, tripulados por máis de dous mil homes, que capturaban unhas catrocentas baleas cada ano. A comezos do século XVII, a captura de baleas por parte dos mariñeiros vascos estendeuse até Islandia.

A matanza dos españois O ano 1615 foi difícil en Islandia por mor de que as costas permaneceron conxeladas até o final do verán e producíronse considerables perdas de gando. A mediados do verán, tres buques baleeiros vascos chegaron a Reykjarfjörður, en Vestfirðir. Os islandeses e os vascos tiñan un acordo mutuo polo que ambos se beneficiarían da empresa. Cando os barcos estiveron listos para partir a finais de setembro, levantouse un terrible vendavalAsí fue el infierno de los balleneros vascos en Islandia, ABC, 12 de maio de 2015. e os barcos foron empurrados até as rochas, onde quedaron esnaquizados. A maior parte da tripulación —uns oitenta— sobreviviu. Os capitáns Pedro de Aguirre e Esteban de Tellaria pasaron o inverno en Vatneyri (Patreksfjörður) e ao ano seguinte marcharon a casa. A tripulación de Martín de Villafranca dividiuse en dous grupos: un dirixiuse a Ísafjarðardjúp e o outro a Bolungarvík e despois a Þingeyri. O 17 de outubro Martín de Villafranca e os outros dezasete membros do seu grupo foron asasinados en Æðey e Sandeyri, en Ísafjarðardjúp.

Estas decisións foron instigadas polo maxistrado Ari Magnússon de Ögur en outubro de 1615 e xaneiro de 1616. Os vascos foron considerados criminais polas súas falcatruadas despois de que os seus barcos naufragasen e, segundo o libro de lexislación islandesa de 1281, decidiuse que a única opción correcta era executar a tantos como fose posible. En total 32 vascos, todos eles guipuscoanos, foron asasinados.Un congreso analizará en Reykjavik la matanza de balleneros vascos, El País, 31 de marzo de 2015.

Jón o Douto Jón Guðmundsson o Douto escribiu un relato crítico dos feitos, condenando a decisión do maxistrado local de ordenar os asasinatos na súa obra Sönn frásaga af spanskra manna skipbrotum og slagi (Un relato verdadeiro dos naufraxios e loitas dos españois). Jón afirma que foron asasinados inxustamente: desexando non tomar parte nos ataques, fuxiu a Snæfellsnes no sur.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pidgin éuscaro-islandés

Categoría:1615 Categoría:Historia do País Vasco Categoría:Historia de Islandia Categoría:Masacres de grupos étnicos