miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Gambia, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Gambia ratificou a convención o 1 de xullo de 1987, convertendo os seus lugares en elixíbeis para a súa inclusión na lista.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Gambia Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.
Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión 01Illa Kunta Kinteh200px|North Bank 2003 761rev-001; III, VI (cultural)02Círculos megalíticos de Senegambia200px|Central River 2006 1226; I, III (natural)
Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poidan considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa figuraba previamente na lista provisional. En 2025, Gambia incluíu dous bens na súa lista provisional.
+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (división) Ano de inclusión Criterios da UNESCO DescriciónCanteira de círculos de pedra de Wassu150px|alt=Un círculo de pedras de orixe descoñecidaDivisión do río Central2015I, III (cultural)Georgetown histórica150px|alt=Un campamento de escravos en Janjanbureh, GambiaDivisión do Río Central2015III, VI (cultural)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país