Fernando Julián Esteso Allué, nado en Zaragoza o 16 de febreiro de 1945 e finado en Valencia o 1 de febreiro de 2026, foi un actor, director, guionista, cantante e humorista de cine, teatro e televisión español.

A relación de Fernando Esteso co mundo do espectáculo foi bastante cedo, comezando a traballar como pallaso co seu pai cando era só un neno.Ourcinema

Trasladouse a Madrid en 1964 aos dezanove anos, onde pouco despois debutou como actor de teatro e en 1972 actuaba co seu propio espectáculo.La Gaceta del Norte, 12 de agosto de 1972 Xa na década de 1970 fíxose popular como humorista en diversos programas de televisión, gravando clásicos do humor ibérico como o comercial "Coñac La Parra". Máis tarde fíxose famoso polos filmes erótico-humorísticos que, xunto a Andrés Pajares, protagonizou a finais dos 70 e principios dos 80.

Tamén tivo certo éxito como cantante humorístico. As súas cancións máis coñecidas foron El Bellotero (un xogo de palabras con La Bella Otero) e La Ramona.El Musiquero Aproveitando o éxito e a fama que conseguira, en 1987 escribiu, dirixiu e protagonizou unha película para vídeo, titulada Viva la risa. Ese mesmo ano, protagonizou con Pajares a obra La extraña pareja, de Neil Simon.

Despois de máis de dez anos de traballo ininterrompido no cinema español, encarnando na súa maioría personaxes de cómic con grande éxito de recadación, protagonizou en 1991 El amor sí tiene cura, de Javier Aguirre.

En 1993, case definitivamente separado do cine, con agarimo aos seus seguidores, fichou por Telecinco, onde presenta La ruleta de fortuna (1993) e Veraneando (1993) con Bertín Osborne e Remedios Cervantes. Porén, varios problemas cun contrato asinado impedíronlle durante uns anos participar noutras producións. Os tribunais obrigaron finalmente á cadea de televisión Telecinco, en marzo de 2001, a indemnizarlle por danos e perdas, posto que reclamara rescindir o contrato co actor, que se atopaba "en estado de deterioración física e psíquica", El País, 6 de marzo de 2001 o importe da indemnización ascendeu a máis dun millón de euros.eslatele.com Telecinco deberá indemnizar a Fernando Esteso con más de 1 millón de Euros

Residiu en Valencia e Torrevieja (Alacant) En 2006 corría o rumor dunha posible nova película do famoso e exitoso dúo Pajares-Esteso chamada El código Aparinci, despois falouse dunha segunda parte de Los bingueros, pero os dous proxectos non remataron de prosperar. En 2011 gravou unha nova versión da súa canción La Ramona con King Africa.King África canta con Fernando Esteso 'La Ramona'

En marzo de 2012, participou no episodio 7 da serie web de cómic Los hijos de Mambrú, dirixida por Óscar Parra de Carrizosa. En 2016 volve ao cine coa película Re-Emigrantes, dirixida novamente por Parra de Carrizosa.

Faleceu en Valencia o 1 de febreiro de 2026 por mor de problemas respiratorios.

Filmografía

Como actor Loli Tormenta - 2023 Burga - 2022 Cuidado con lo que deseas - 2021 Justo antes de Cristo - 2020 Amar es para siempre - 2019 Incierta gloria - 2017 Luces - 2017 Reemigrantes 2016 Gym Tony - 2015 Torrente 5: Operación Eurovegas - 2014 La que se avecina - 2014 Blockbuster - 2013 Los hijos de Mambrú - webserie - 2012 Torrente 4 - 2011 DVD - 2006 Con dos cojones - 2001 El amor sí tiene cura - 1991 Viva la risa - 1987 Cuatro mujeres y un lío - 1985 El recomendado - 1985 ¡Qué tía la C.I.A.! - 1985 El cura ya tiene hijo - 1984 La Lola nos lleva al huerto - 1984 Al este del Oeste - 1984 Agítese antes de usarla - 1983 El currante - 1983 El hijo del cura - 1982 Caray con el divorcio - 1982 Padre no hay más que dos - 1982 Onofre el Virgo - 1982 Los chulos - 1981 Queremos un hijo tuyo - 1981 Los liantes - 1981 Todos al suelo - 1981 El erótico enmascarado - 1980 El soplagaitas - 1980 Yo hice a Roque III - 1980 Los bingueros - 1979 Los energéticos - 1979 Pepito Piscinas - 1978 Virilidad a la española - 1977 Onofre - 1974 Celos, amor y Mercado Común - 1973

Como director Viva la risa - 1987

Como guionista Viva la risa - 1987

Como invitado En la tuya o en la mía - 2016 - 2017 Sábado Deluxe - 2018

Premios Premios Simón

Ano Categoría Resultado2016Simón de honorGañador

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Andrés Pajares

Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Humoristas de Aragón Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2026