Feliciano Canto López, nado en Lugo cara a 1884 e finado na mesma cidade o 17 de xuño de 1964, foi un perito agrícola e político galego.
Traxectoria Neto de Francisco Andrés López Fernández. Estudou o bacharelato en Lugo. Perito agrícola de Lugo, foi elixido presidente da Asociación de Peritos Agrícolas da provincia de Lugo en 1927,El Correo Gallego, 16-6-1927, p. 2, e continuou como presidente en 1932. Foi secretario da Liga de Amigos de Lugo. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Lugo en 1927.El Correo Gallego, 7-7-1927, p. 4. Dirixiu Galicia Agrícola e colaborou en El Progreso, Vanguardia Gallega, El Pueblo Gallego, Vida Gallega, Voz y Voto e nas Hojas Divulgadoras do Ministerio de Agricultura.Hojas Divulgadoras, 9, mayo 1935.
Afiliado a Izquierda Republicana, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separado do servizo e baixa na escala en xaneiro de 1937, e abríronlle expedientes de responsabilidades políticas. Reincorporado ao servizo, foi nomeado perito superior de primeira clase do Corpo Pericial Agrícola do Estado en febreiro de 1954.BOE, 5-4-1954, p. 2148. Finou en Lugo o 17 de xuño de 1964.Necrolóxica en El Progreso, 18-6-1964, p. 3. Obras Vademécum de los abonos. Lugo: La Voz de la Verdad, 1955.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Concelleiros de Lugo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1964