O Planeta de Hoxe en Día (tamén coñecido polas siglas PHD) é unha canle de YouTube en galego de contido relacionado, xeralmente, coa xeografía e coa historia.

Historia O Planeta de Hoxe en Día naceu o 10 de decembro de 2021, data no que se publicou o seu vídeo de presentación. Ao remate deste vídeo resúmese o contido desta canle a través dunha frase:“Cada xesto, palabra, acción que facemos pode ter consecuencias grandes ou pequenas, e o conxunto deses xestos, palabras e acción leváronnos ao Planeta de Hoxe en Día”.O 4 de abril dese ano estréase a campaña Facendo visible o invisible.

O mes de febreiro de 2023 foi o mellor mes da súa historia grazas aos vídeos sobre o hidróxeno verde, o Festival da Canção e Mariupol.

Outros servizos O Planeta de Hoxe en Día creou un servizo de noticias chamado O Planeta de Hoxe en Día Noticias e outro de música, O Planeta de Hoxe en Día Música.

Redes sociais O Planeta de Hoxe en Día pódese atopar, ademais de YouTube, en Instagram, Facebook e TikTok, onde crea contido propio para estas redes sociais, Twitter, Mastodon e Spotify.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web Instagram YouTube Facebook TikTok Twitter

Categoría:Canles de YouTube