Modernismo pode referirse a:
Artes plásticas
Modernismo, nome en francés, catalán (modernisme), castelán, galego e portugués, entre outros idiomas, dun movemento artístico de finais do século XIX e principios do XX, que recibe diferentes nomes nacionais: Art Nouveau, Sezession (Secesión de Viena, Secesión de Múnic), Jugendstil, Floreale, Liberty, etc. En inglés e outras linguas, o termo modernism remite á arte moderna ou arquitectura moderna. Aínda que en galego, portugués e castelán modernismo remite á acepción anterior, é usado ás veces con ese significado por influenza da lingua inglesa.
Arquitectura
Arquitectura modernista
Non se debe confundir coas expresións "Movemento Moderno" e "Estilo Internacional", conceptos tamén ambiguos que no contexto cronolóxico das décadas centrais do século XX se aplican especialmente á arquitectura contemporánea. Na lingua inglesa o termo modernism é referido ao Estilo Internacional e deriva da obra escrita de Henry-Russel Hitchock e Philip Johnson.
Filosofía
Modernidade filosófica é un cambio filosófico que valoriza o futuro sobre o pasado, promovendo a reflexión e a capacidade de transformación social, equivalente á "ilustración" kantiana.
Fotografía
Fotografía modernista
Literatura
Literatura Modernista : Modernismo (literatura en castelán) Literatura española do modernismo Modernismo (literatura en portugués) modernismo brasileiro Literatura modernista ou modernismo anglosaxón, denominación da literatura de vangarda de 1900 a 1940. Modernismo (poesía árabe)
Modernismo (movemento filosófico e cultural)
Música
Música académica do século XX Música modernista ou moderna é tamén un termo ambiguo que se pode referir a música culta como a de Igor Stravinskii ou en xeral á música do século XX en diante.
Teoloxía
Modernismo teolóxico, posición intelectual de certa parte do catolicismo.
Véxase tamén
Arte Moderna Posmodernismo
Categoría:Movementos culturais Categoría:Movementos artísticos Categoría:Movementos musicais