Hédervár ([ˈheːdervaːr]) é un concello de Hungría, situado no condado de Győr-Moson-Sopron. Ten 14,28 km² de área e súa poboación en 2015 foi estimada en 1.237 habitantes.

A área xa estaba habitada na Idade de bronce. A cidade está asociada coa familia alemá Héder que se estableceu en Hungría e foi a fundadora da familia Héderváry. A familia Héderváry estableceu a súa residencia no chamado “outeiro xudeu” no século XIII. Prosperou rapidamente e o seu castelo foi ampliado, e nun período posterior construíuse a capela “Boldogasszony” (da Santa Virxe), lugar funerario da familia.

Patrimonio Igrexa católica de Szent Mihály, construída en 1755 en estilo barroco. Estatua de Szent Flórián e estatua de Szent Vendel na igrexa. Capela católica de Boldogasszony, orixinalmente construída a principios do século XV e reconstruída a finais do século XVII. Castelo de Khuen-Héderváry. Figuras da Esfinge na entrada do castelo, do século XVIII. Columna cornucopia no parque do castelo, do século XVIII. Columna da peste. Escultura Batalla dos Centauros (Kentaurok harca), creada en 1885. Escultura Kolorádó-bogár, en lembranza da primeira aparición do escaravello da pataca en Hédervár en 1947. Monumento do Milenio á fundación do estado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hédervár Castelo Hotel de Hédervár Galería Plano da cidade

Categoría:Cidades de Hungría