A promoción de ascenso á Segunda división española 2023 disputouse do 3 ao 25 de xuño de 2023, tralo remate da tempada 2022/23 da Primeira División RFEF. Foi a segunda promoción de ascenso que se disputou dende a Primeira División RFEF e culminou cos ascensos do Alcorcón e o Eldense.

Equipos clasificados Os equipos clasificados para disputar a promoción de ascenso a Segunda División foron os seguintes: PosGrupo 1Grupo 22° Alcorcón Eldense3° Real Madrid Castilla Castellón4° Deportivo da Coruña Barça Atlètic5° Celta de Vigo B Real Sociedad BEn negra, equipos que ascenden a Segunda División.

Sistema de competición Ao remate da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF, ascenderon de xeito directo á Segunda División os dous equipos que remataron na primeira posición en cada un dos dous grupos (Racing de Ferrol e Amorebieta). Puxéronse en xogo ademais outras dúas prazas de ascenso, nunha promoción a disputar entre os equipos clasificados do segundo ao quinto lugar en cada un dos dous grupos da Primeira RFEF.

Consistiu en dúas eliminatorias a dobre partido nas que os encontros foron determinados polo posto da clasificación, enfrontando aos que obtiveron unha mellor clasificación contra os que obtiveron unha peor. Os partidos de ida disputáronse no terreo de xogo do equipo con peor clasificación. En caso de empate xogouse unha prórroga e en caso de persistir o empate, pasaba o mellor clasificado na fase regular.

Os dous clubs gañadores da segunda eliminatoria ascenderon á Segunda División.

Cadros

Eliminatorias

Semifinais Disputáronse catro eliminatorias a ida e volta entre o 3 e o 11 de xuño. Os catro gañadores clasificáronse para a fase final.

Semifinal 1

Semifinal 2

Semifinal 3

Semifinal 4

Finais Participaron os catro equipos gañadores da primeira eliminatoria, en enfrontamentos a ida e volta os días 18 e 25 de xuño. Os dous equipos gañadores ascenderon á Segunda División.

Final 1

Final 2

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos da competición en BDFutbol .

Categoría:Promocións de ascenso a Segunda División de España Categoría:Fútbol en 2023