Marcelino Losada Loureiro, nado en Maceira (Covelo) en 1901 e finado en México en 1979, foi un médico e político galego.

Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1926. Foi médico de Maceira. Presidente de Izquierda Republicana de Covelo. Foi nomeado axente executivo de contribucións do concello de Covelo en febreiro de 1936.Vida Gallega, 29-2-1936, p. 43 Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado na corte do gando polo crego Jesús Domínguez Cambra, párroco de Melón, coa colaboración do seu primo José María Alonso Cambra pasou a Portugal e despois á zona republicana.Lembrando aqueles que se foron... Na guerra civil foi alférez, tenente e finalmente capitán médico (en setembro de 1938) na Escola Popular de Guerra de Cataluña.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 22-9-1938, p. 1143

Pasou a Francia, e logo puido exiliarse co seu irmán Hermenegildo en México, chegando a Veracruz no buque Ipanema en xullo de 1939. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1938,El Compostelano, 3-8-1938, p. 2. e foi sancionado en 1940 con seis anos de inhabilitación e a perda total dos bens embargados.El Pueblo Gallego, 25-10-1940, p. 5. En México exerceu a súa profesión co seu irmán e abriron unha clínica médico-cirúrxica na cidade de México. Tamén estivo en contacto co grupo dos socialistas galegos no exilio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego

Categoría:Políticos de Izquierda Republicana

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Covelo Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Médicos de Covelo Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela