miniatura|Sweetheart no Museo e Galería de Arte do Territorio do Norte. Sweetheart foi o nome que se lle deu a un crocodilo mariño macho de 5,1 m de lonxitude que as historias populares do Territorio do Norte australiano facían responsable dunha serie de ataques a barcos en Australia na década de 1970.
Historia
Sweetheart adquiriu sona por primeia vez en 1974 e foi denominado polos habitantes locais como o "campión dos pesos pesados" do billabongEn Australia chámanse billabongs ás lagoas e pozas en meandros abandonados dos ríos. Sweets, de onde procede o nome que o animal acabou tendo, da zona do río Finniss no Territorio do Norte, ao suroeste de Darwin. Este crocodilo con frecuencia atacaba barcas con motor foraborda, botes pneumáticos, e barcos de pesca, pero non se coñece ningún caso de ataque a humanos. En xullo de 1979 Sweetheart foi finalmente capturado vivo por un equipo da Comisión de Parques e Vida Silvestre do Territorio debido ao temor que causaba ás persoas, que non se sentían seguras, pero morreu mentres o transportaban cando quedou atrapado nun tronco do río. A causa da súa morte foi despois atribuída a afogamento, probablemente debido á administración do relaxante muscular Flaxedil.
O taxidermista Ian Archibald preparou o corpo disecado do crocodilo para facer unha xira con el e finalmente quedou exposto permanentemente no Museo e Galería de Arte do Territorio do Norte. A historia de Sweetheart foi interpretada con considerable licenza artística polo director de cine Greg McLean na súa película de 2007 Rogue, protagonizada por Radha Mitchell e Michael Vartan. Na película as dimensións de Sweetheart aumentáronse dous metros máis, e isto valeulle ao deseñador de criaturas monstruosas e gañador dun Óscar John Cox para gañar tamén o premio da AFI pola súa construción do crocodilo usado en pantalla nesta película.
Notas
Categoría:Crocodilos