Verónica Martínez Barbero, nada en Xixón en 1980, é unha avogada e política galega de orixe asturiana.

Traxectoria miniatura|page=8|Papeleta de Sumar en Pontevedra nas Eleccións xerais de 2023. Licenciada en Dereito pola Universidade de Oviedo e grao en Administración e Dirección de Empresas.

En decembro de 2015, cofundou Novovinilo Edicións, con sede en VigoFicha en empresia.es ., empresa con actividade durante o par de anos seguintesPresentación da editorial no Foro La Región, canel de YouTube de Telemiño..

Foi inspectora de traballo. Foi presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais dende 2017 e profesora da Escola de Relacións Laborais da Coruña. Foi nomeada directora xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Economía Social en xaneiro de 2020,"Aprobados los nombramientos de las nuevas directoras generales del Ministerio de Trabajo y Economía Social" (28/1/2020) Ministerio de Traballo y Economía Social . posto do que cesou o 13 de xuño de 2023Real Decreto 474/2023, de 13 de junio, por el que se dispone el cese de doña Verónica Martínez Barbero como Directora General de Trabajo. BOE 141 de 2023 . para encabezar a lista de Sumar pola provincia de Pontevedra nas eleccións xerais de 2023.Verónica Martínez Barbero encabeza la lista por Pontevedra (13/6/2023) Europapress. Neses comicios foi elixida deputada. Máis dun ano despois, logo das dimisións sucesivas de Marta Lois e de Íñigo Errejón, converteuse na voceira do grupo parlamentar multinacional de Sumar, en novembro de 2024.

É veciña de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Categoría:Avogados de España Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Nados en Xixón

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Profesores da Universidade de Vigo