Henri Michel Lavoix, nado en Nant (Aveyron) o 19 de xaneiro de 1820 e finado en París o 23 de outubro de 1892, foi un bibliotecario e numismática francés especializado na moeda musulmá medieval, que ocupou o cargo de director do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.Vapereau, G. (1893).

Traxectoria

Henri Lavoix era fillo de Marie Émilie Savigny e do funcionario Armand Lavoix. Estudou inicialmente en Poitiers e posteriormente no College Sainte-Barbe.

Incorporouse ao Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia en 1849 como conservador adxunto, e alí dedicouse ao estudo da colección de moedas islámicas, que daquela estaba moi desatendida."Nécrologie: M. Henri Lavoix". En Revue numismatique,‎ 1892. Páxinas 507-508. O 9 de xaneiro de 1890 foi nomeado director do Gabinete de Medallas, cargo no que sucedeu a Anatole Chabouillet. Ocupu este posto ata o seu falecemento en 1892.

Henri Michel Lavoix interesouse sobre todo pola cultura de Oriente, onde viaxara na súa xuventude, e tamén escribiu varios artigos acerca da arte árabe. Ademais do seu labor numismático, escribiu tamén varios artigos sobre arte, literatura e teatro en publicacións como Le Moniteur, o Journal Officiel, a Gazette des Beaux-Arts e a sección de crítica teatral de L'Illustration, baixo o pseudónimo de Savigny, tomado do seu apelido materno.D'Heylli G. (1869). "Savigny". En Dictionnaire des pseudonyme. E. Dentu, París. 2ª ed. Páxina 310. miniatura|268x268px|Debuxo do selo de Amalrico, Patriarca de Antioquía, extraído do libro de Lavoix Monnaies et legendes arabes frappees en Syrie par les Croises (1877). En 1851 publicou o seu primeiro estudo numismático, titulado Mémoire sur les dinars à légendes latines frappées en Espagne en l'an CXI de l'Hégire ("Memoria dos dinares con lendas latinas cuñados en España no ano CXI da Héxira").

Un dos seus traballos de máis entidade foi o catálogo das moedas islámicas do Gabinete. O seu primeiro volume, publicado en 1887, estaba dedicado aos califatos orientais, e o segundo, de 1891, ás emisións da Península Ibérica e de África. Cando xa se estaba a imprimir o terceiro volume, centrado nas emisións de Exipto e Siria, Lavoix sufriu unha apoplexía e faleceu na noite do 22 ao 23 de outubro de 1892, aos 72 anos. A obra acabou de imprimirse grazas ao labor do arqueólogo e orientalista Paul Casanova.Babelon, E. (1896). "Avant-Propos". En Lavoix, H. Catalogue des monnaies musulmanes de la Bibliothèque nationale. III: Égypte et Syrie.. Páxinas VIII-IX.

Henri Lavoix foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra, o 14 de agosto de 1862."Lavoix, Henri Michel". Archives Nationales. Ministère français de la Culture.

O 27 de febreiro de 1886 casou con Marguerite Lemoins."Henri Lavoix". Geneanet.org

Publicacións A seguir, preséntase unha escolma de artigos publicados por Henri Lavoix, así como a referencia dos seus traballos monográficos:"Lavoix, Michel Henri 1820-1892 ". Digital Library Numis.

Escolma de artigos

(1851). "Mémoire sur les dinars à légendes latines frappées en Espagne en l'an CXI de l'Hégire". En Revue archéologique. VII ano. II parte. Xaneiro-xuño. Páxinas 671-679. (1852). "Mémoire Sur Les Monnaies Frappées Par Les Beni-Hafss". En Revue archéologique. IX ano. I parte. Xaneiro-xuño. Páxinas 257-275. (1862). "Les Azziministes". En Gazette des beaux arts. 67. Tomo XII. Páxinas 64-74. (1875). "Les arts musulmans". En Gazette des beaux arts. 217. Tomo XII. Páxinas 97-113, 312-321, 423-437. (1877). "Les arts musulmans. De l'ornementation arabe dans les œuvres des maîtres italiens". En Gazette des beaux arts. Xullo-decembro. Tomo XVI. Páxinas 15-29. (1885). "La collection Albert Goupil: II. L'art oriental". En Gazette des beaux arts. 337. Tomo XXXII. Páxinas 287-307.

Monografías

(1877). Monnaies à légendes arabes frappées en Syrie par les Croisés. Joseph Baer et Cie, París. (1877). La première représentation du Misanthrope. 4 juin 1666. Alphonse Lemerre, París. (1887-1896). Catalogue des monnaies musulmanes de la Bibliothèque nationale. Imprimerie nationale, París. (1887). I: Khalifes orientaux. (1891). II: Espagne et Afrique. (1896). III: Égypte et Syrie.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 ". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire. Vapereau, G. (1893). "Lavoix (Michel-Henri)". En Dictionnaire universel des contemporains. Hachette, París. Páxina 959.

Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1892 Categoría:Nados no departamento de Aveyron Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Finados por accidente cerebrovascular