Carmen é un filme maltés-canadense de 2021 dirixido por Valerie Buhagiar. Inspirado en parte nas experiencias reais da propia tía de Buhagiar, Rita, o filme está protagonizado por Natascha McElhone como Carmen, unha solteirona maltesa que pasou a súa vida adulta servindo como coidadora do seu irmán, quen é un sacerdote católico, pero que se sente libre de explorar os seus propios desexos e obxectivos na vida cando se achega aos 50 anos. O elenco tamén inclúe a Steven Love, Michaela Farrugia, Peter Galea, Mikhail Basmadjian, Henry Zammit Cordina e Richard Clarkin.
Foi escollido como candidato de Malta para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 95ª edición dos premios, mais finalmente non apareceu na lista definitiva.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Malta propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua maltesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Malta Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes rodados en Malta