Carbon é un filme moldovo de 2022 dirixido por Ion Borș. É unha coprodución internacional entre Moldova, Romanía e España. Foi escollido como candidato de Moldova para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse A historia está ambientada na Moldova de comezos da década de 1990. Conta a historia de Dima, que quere alistarse nas tropas que combaten na fronteira de Transnistria. Vasea, veterano da guerra de Afganistán, únese a el, mais de camiño á fronte atopan un cadáver carbonizado.

Personaxes Dumitru Roman como Dima Ion Vantu como Vasea Igor Caras-Romanov como Primarul Adriana Bîtca como Ileana Viorel Cornescu como Politistul Ion Coseru como Petrica

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Moldova propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Moldova Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes de España