Claudio Magdalena González, nado en Vigo cara a 1899 e finado en Monte Porreiro o 17 de abril de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Veciño de Pontevedra, electricista, taberneiro e membro destacado de Unión Republicana. Era vicepresidente na sociedade La Viña. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do grupo de persoas armadas que estiveron no goberno civil de Pontevedra. Estivo escapados polos montes do Acibal e do Castelo (Lérez) con Víctor Moldes, Alejandro e Faustino Gama e os irmáns Guillán. Foron perseguidos pola Garda Civil e a Garda Cívica pontevedresa. Claudio foi capturado o 8 de setembro de 1936.El Progreso, 9-9-1936, p. 2. Procesado con outros pontevedreses na causa 115/37, foi xulgado polo delito de rebelión en consello de guerra con Manuel Buján, José Acuña, Víctor Moldes, Constantino Gómez e Albino Sánchez o 16 e 17 de febreiro de 1937, e condenado á morte. Foi executado as sete da mañá do 17 de abril, no km 1 da Avenida do Uruguai.El Ideal Gallego, 18-4-1937, p. 4. Instruíronlle expediente de responsabilidade civil en xullo de 1937,El Ideal Gallego, 13-7-1937, p. 7. condenándoo a unha multa de 50 pesetas o 26 de marzo de 1940.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Contra o esquecemento: Claudio Magdalena González.

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos