Ilduara Menendiz, falecida en 1058, foi condesa de Portucale durante o seu matrimonio con Nuno Aloitiz e despois da morte de Nuno en 1028 como rexente durante a minoría de idade do seu fillo Menendo III Nuniz.
Traxectoria Filla de Menendo II Gundisalviz, conde de Portucale, e de Tutadona Moniz. No 1008, despois da morte do seu pai, a súa nai casou con Aloito Nuniz, quen se converteu no conde de Portucale. Despois querendo fortalecer o goberno da súa familia, casou co seu fillo Nuno I Aloitiz con Iduara.
En 1016, despois da morte de Aloito, xunto co seu marido, comezaron a xestionar o condado. Axudou a Nuno a protexer os seus dereitos contra as reivindicacións dos seus propios irmáns. Aínda que a cuestión da herdanza foi discutida durante o seu goberno, en 1028, cando morreu Nuno tamén morreran os irmáns de Ilduara.
O seu fillo, Menendo III Nuniz, era menor de idade en 1028 e Ilduara gobernou o condado como rexente, ata que no 1043 renunciou aos seus dereitos sobre o condado, entregandoo ao seu fillo Menendo II. Retirouse a un mosteiro onde morreu en 1058.
Familia Tivo varios irmáns, entre eles a raíña Elvira Méndez, a esposa do rei Afonso V.Tivo dous fillos e unha filla co seu marido Nuno I Aloitiz, conde de Portucale:
Menendo III Nuniz, conde de Portucale. Gontroda Nuniz (morta c.1088), muller do conde Vasco. Munio Nuniz (morto despois de 1031)
Notas
Véxase tamén
Condado portucalense Primeiro Condado de Portucale Lista de condes de Portucale
Categoría:Finados en 1058 Categoría:Condes de Portucale