Emilio Lois Cerviño, nado en Carballedo (Cerdedo Cotobade) en 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o de 22 de febreiro de 1963, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Fixo Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando en 1927.El Diario de Pontevedra, 17-6-1927, p. 2. Foi nomeado mestre interino de Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) en abril de 1930.La Región, 24-4-1930, p. 1. Cursillista de 1931, dende 1934 foi mestre do Igrexario en Cerdedo. Membro da Sociedad de Agricultores de Carballedo, formou parte da comisión de festas de San Roque en 1934.El Pueblo Gallego, 14-6-1934, p. 10. Formou parte do Comité Pro-Estatuto de Autonomía de Cotobade en representación do PSOE.El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 14.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense."Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6. Traballou no Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa. No proceso de depuración foi acusado de "Militancia en organizaciones afectas a la República, actitudes contrarias a la Causa Nacional e Ideología de izquierdas", e foi sancionado coa sepración definitiva do corpo o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas o 9 de setembro de 1941.BOE, 21-3-1942, p. 1497 Solicitou a revisión da sanción e escribiulle ao presidente do Julgado Superior de Revisións Pío García Escudero en demanda dunha resposta á súa solicitude en marzo de 1949."La depuración franquista del Ayuntamiento de Pontevedra." Finou en Vilagarcía de Arousa o de 22 de febreiro de 1963.Necrolóxica en La Noche, 25-2-1963, p. 4.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes