Jean-Baptiste-Antoine-Anatole de Barthélemy,Thomas, A. (1907). Páxina 499. nado en Reims, Marne, o 1 de xullo de 1821 e finado en Ville-d'Avray, Altos do Sena, o 27 de xuño de 1904, foi un historiador, numismático e arqueólogo francés do século XIX.

Traxectoria

Orixe familiar e primeiros anos Anatole de Barthélemy naceu en Reims en 1821, fillo de Antoinette Deu de Vieux-Dampierre —pertencente a unha antiga familia desa cidade— e de Hyacinthe-Cloaud-Félix de Barthélemy, que era subprefecto de Sainte-Menehould, membro do Consello de Estado e comandante da Lexión de Honra.Armorial général des d'Hozier, ou Registres de la noblesse de France. Registre septieme. Didot Frères, París. 1868. Páxina 88. Thomas, A. (1907). Páxina 499.

O seu irmán, Edouard de Barthelemy, foi tamén un destacado historiador.Chisholm, H. ed. (1911).

Traxectoria administrativa Barthélemy estudou Dereito en Poitiers, e logo da súa graduación foi axudante do seu pai como secretario particular na administración de Charente Marítimo. Foi nomeado secretario xeral do departamento de Côtes-d'Armor o 2 de novembro de 1845, cargo que ocupou ata que o Goberno imperial o nomeou subprefecto de Belfort, o 31 de decembro de 1854.Thomas, A. (1907). Páxina 502.

Foi destinado a Neufchâtel o 1 de maio de 1860 mais, ao pouco de se instalar alí, solicitou e obtivo, o 20 de decembro dese mesmo ano, unha excedencia temporal, que acabaría por se converter en definitiva.Thomas, A. (1907). Páxina 503.

Traxectoria erudita Na súa infancia comezou a coller interese pola numismática; mentres o seu pai administraba o departamento de Saona e Loira, Anatole observou unha moeda gala pouco esperable nunha colección privada de Mâcon, que o levou a escribir un artigo publicado en 1838 na Revue numismatique, dirixida daquela por Louis de La Saussaye. Tiña só 17 anos e foi a súa primeira das numerosas publicacións posteriores.Thomas, A. (1907). Páxina 501.

Logo deste inicio, Anatole de Barthélemy dedicouse aos estudos numismáticos ata a súa morte e deixou publicados dous manuais salientables, un dedicado á Antigüidade e outro á Idade Media e os tempos modernos.

Axiña comezou a ingresar en varias sociedades eruditas, como a Société des Antiquaires de France. Foi nomeado inspector do departamento do Loira e formou parte do consello do noveno Congreso Científico, celebrado en Lión en setembro de 1841, onde leu un informe sobre unha serie de monumentos relixiosos e feudais da antiga provincia de Forez.

En decembro de 1842 ingresou na École Royale des Chartes, e o ano seguinte acadou o diploma de paleógrafo arquiveiro.Collignon, M. (1904). Páxinas 313-314.

O 31 de decembro de 1859 foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra.

Instalado definitivamente en París logo de abandonar a súa vinculación a postos administrativos en 1860, Barthélemy concentrou todos os seus esforzos nos estudos numismáticos e na publicación de artigos sobre ese particular, aínda que aberto tamén a disciplinas afíns, como a arqueoloxía e a historiografía. Retomou e ampliou ata o seu sexto volume unha colección iniciada xa en 1855 con Geslin de Bourgogne, sobre a historia e os monumentos dos bispados da Bretaña; puxo ao día un Nobiliaire d’Alsace; sacou á luz documentos inéditos sobre a Liga Católica na Bretaña, e contribuíu notablemente á fundación da Revue de Champagne e á revitalización da Revue numismatique.Thomas, A. (1907). Páxina 504.

Ao longo da súa longa traxectoria académica, Barthélemy ocupou a presidencia de diversas sociedades eruditas, entre elas a Académie des inscriptions et belles letres, a Société de l'istoire de Paris et de l'Île de France, a Société de l'histoire de France, a Société de l'École des chartes e Société nationale des antiquaires de France."Barthélémy Jean-Baptiste Antoine Anatole de". Comité des travaux historiques et scientifiques.

Vida persoal Anatole de Barthélemy casou con Marie Aubert en 1859, con quen tivo un fillo e unha filla, esta última finada aos tres anos.

En 1900 comezou a ter problemas de saúde,Thomas, A. (1907). Páxina 506. que derivaron no seu falecemento o 27 de xuño de 1904, aos 82 anos,Thomas, A. (1907). Páxina 507 na súa residencia estival de Ville-d'Avray, nos Altos do Sena.Collignon, M. (1904). Páxina 313.

Publicacións Publicou os seus artigos en varias das publicacións periódicas máis importantes do seu tempo, como a Bibliothèque de l'École des chartes, a Revue archéologique, a Revue numismatique, a Revue des questions historiques e a Revue celtique, acerca de case todos os períodos da historia de Francia. Ademais, publicou tamén algúns traballos monográficos, de entre os que se poden salientar os seguintes:Thomas, A. (1907). Páxinas 504, 507-511."Barthélemy, Anatole de". Regsta Imperii.

(1850). Essai sur les monnaies des ducs de Bourgogne. Lamarche et Drouelle, Dijon. (1851). Nouveau manuel complet de numismatique ancienne. Roret, París.

(1853). Nouveau manuel complet de numismatique du moyen age et moderne. Doret, París.

(1855-1879). Anciens évêchés de Bretagne, histoire et monuments (con J. Geslin de Bourgogne). Dumoulin, / A. Franc.París Vol. I (1855); Vol. II (1856); Vol.III (1864); Vol. IV (1864); Vol. V (1879); Vol. VI (1879).

(1857). Lettre a M. H. Zaepffel sur les monnaies consulaires. Thunot, París. (1864). Le temple d'Auguste et la nationalité gauloise. Dupont, París. (1865). Le château de Corlay, Côtes-du-Nord. Aubry, París. (1875). Essai sur la monnaie parisis. (1880). Choix de documents inédits sur l'histoire de la Bretagne. Socété des Bibliophiles Bretons, Nantes. (1881). Liste des noms d'hommes gravés sur les monnaies de l'époque mérovingienne. École des chartes. París (1891). Numismatique de la France. Leroux, París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chisholm, H. ed. (1911). "Barthélemy, Anatole Jean-Baptiste Antoine de". En Encyclopædia Britannica. Vol. 3 (11ª ed.). Cambridge University Press. Páxina 448. Collignon, M. (1904). "Mort de M. Anatole de Barthélemy". En Bibliothèque de l'École des chartes. Vol. 65. Páxinas 313-320. Thomas, A. (1907). "Notice sur la vie et les travaux de M. Anatole de Barthélemy". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres. Ano 51. Nº 9. Páxinas 496-511.

Categoría:Nados en 1821 Categoría:Finados en 1904 Categoría:Nados en Reims Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Historiadores de Francia Categoría:Arqueólogos de Francia Categoría:Arquiveiros de Francia Categoría:Alumnos da École des Chartes Categoría:Alumnos da Universidade de Poitiers Categoría:Membros da Académie des inscriptions et belles-lettres