Javier Casal Ferreira, nado en Marín o 2 de outubro de 1973, é un xornalista galego. Traballou para a Cadena SER e dirixiu e presentou o informativo Hora 14.
Traxectoria É fillo de Pichichi, o fundador da primeira autoescola de Marín.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, a súa vida profesional sempre estivo ligada á Cadena SER. En 1991 comezou a traballar en Radio Pontevedra e despois en Diario de Pontevedra. En 1997 incorporouse á redacción central dos Servizos Informativos da Cadena SERx en Radio Madrid, formou parte da redacción, dirixiu e presentou Matinal SER. Ddurante oito tempadas foi redactor xefe da edición Fin de Semana dos Servizos Informativos, dirixindo e presentando a informativos Hora 14 Fin de Semana e Hora 25 Fin de Semana. Desde decembro de 2005 a decembro de 2007 foi director e presentador do informativo Hora 20.
Desde setembro de 2005 até abril de 2010 foi subdirector da informativo Hora 25, primeiro baixo a dirección de Carlos Llamas e despois con Àngels Barceló, sendo o condutor substituto durante os períodos de vacacións. Cubriu distintos acontecementos nacionais e internacionais. O naufraxio do Prestige, as eleccións americanas de 2004, a morte de Xoán Paulo II e estivo á fronte dos informativos da SER durante a fin de semana posterior ao 11-M.
Ocupou o posto de Editor Xefe de Cadena SER.com, impulsando o proxecto de integración das redaccións analóxica e dixital. Durante esa etapa puxo en marcha as primeiras webs locais en Madrid, Barcelona, Sevilla e Bilbao e realizou a formación das redaccións. Desde xuño de 2011 até setembro de 2022 ocupou a xefatura de contidos rexionais da Cadena SER en Madrid.
En 2022 substituíu a José Antonio Marcos na dirección de Hora 14 da Cadena Ser.
Foi profesor de Xornalismo Radiofónico e Tratamento da Información en Radio na Facultade de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid e impartiu clases de radio na Escola de Xornalismo de El País. Tamén foi profesor na Universidade Nebrija.
En 2014 foi galardoado coa Antena de Plata polo programa 'La Ventana de Madrid'.
Foi o pregoeiro das Festas do Carme 2023 en Marín.
Notas
Ligazóns externas
javiercasal.com Sitio web Programas e artigos de Javier Casal Programas e artigos Categoría:Xornalistas de España Categoría:Xornalistas radiofónicos da Cadena SER Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1973 Categoría:Xornalistas de Galicia