Benjamin Rush, nado o 4 de xaneiro de 1746 e finado o 19 de abril de 1813, foi un médico, cirurxián e político estadounidense. Foi un dos asinantes da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América. Foi un líder na comunidade de Filadelfia, e tamén foi un pioneiro da psiquiatría nos Estados Unidos de América, reformador social, humanista e educador. Fundou o Dickinson College e foi profesor de medicina e química na Universidade de Pensilvania. Rush tamén foi o cirurxián xeral (Surgeon General) do Exército Continental.Renker, Elizabeth M. (1989). "'Declaration-Men' and the Rhetoric of Self-Presentation". Early American Literature. 24 (2): 123 and n. 10 there. JSTOR 25056766.
Traxectoria Vida temperá Rush naceu e creceu en Filadelfia, e foi á universidade no College of New Jersey (agora Princeton University). Recibiu formación médica en Europa e obtivo un título pola Universidade de Edimburgo. Rush volveu ás colonias americanas. Converteuse en profesor no College of Philadelphia (agora Universidade de Pensilvania). Rush tiña unha práctica médica e rescatou a American Philosophical Society.Bell, Whitfield J., and Charles Greifenstein, Jr. Patriot-Improvers: Biographical Sketches of Members of the American Philosophical Society. 3 vols. Philadelphia: American Philosophical Society, 1997. Entre as súas publicacións destaca o primeiro libro de texto estadounidense de Química.Binger, Carl (1966). Revolutionary Doctor / Benjamin Rush (1746–1813). Nova York: Norton & Co.
Época revolucionaria Rush foi alguén moi activo politicamente. Formou parte dos Fillos da Liberdade (Sons of Liberty), aconsellou a Thomas Paine, quen escribiu Common Sense. Asinou a Declaración de Independencia e representou a Filadelfia na Convención constitucional.
Rush tamén axudou como médico nas batallas da Guerra de Independencia dos Estados Unidos. Rush deu unhas instrucións para manter os soldados sans, e o exército estadounidense utilizou estas directrices até 1908.Rush, Benjamin (1808). Directions for preserving the health of soldiers : addressed to the officers of the Army of the United States. Philadelphia: Thomas Dobson. Porén, tamén entrou en polémicas. Rush enviou dúas cartas criticando a George Washington. Rush escribiu que os exércitos estaban desordenados baixo o mando de Washington. Rush dimitiu en 1778 e máis tarde lamentou as súas cartas.
Vida posterior Despois da Guerra Revolucionaria, Rush traballou no Hospital de Pensilvania. Foi o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos de 1797 a 1813. Converteuse en membro da Academia Americana de Artes e Ciencias en 1788. Rush volveu á Universidade de Pensilvania como profesor de Medicina, e tivo como alumno a William Henry Harrison. En 1773 fundou o Dickinson College. Durante a epidemia de febre amarela de Filadelfia de 1793 estivo atendendo pacientes. Tamén foi un dos fundadores da Pennsylvania Prison Society. Rush preparou a Meriwether Lewis para a parte médica da expedición de Lewis e Clark.Woodger, Elin; Toropov, Brandon (2009). Encyclopedia of the Lewis and Clark Expedition. Infobase Publishing. pp. 304–06. ISBN 9781438110233.
Reformas Rush foi un reformador en moitos aspectos. Opúxose á escravitude, falando publicamente contra o tráfico de escravos e argumentaba que os afroamericanos e os europeos e americanos de orixe europea eran iguais.D'Elia, Donald J (1969). "Dr. Benjamin Rush and the Negro". Journal of the History of Ideas. 30 (3): 413–22. doi:10.2307/2708566 Tamén se opuxo á pena de morte / pena capital. Cría que o castigo dos criminais debería ser privado e sostiña que a pena de morte ía en contra da razón e da felicidade. Rush tamén foi un pioneiro do feminismo, apoiou a educación das mulleres, fundou a Young Ladies' Academy of Philadelphia e contribuír aos ideais da Republican Motherood.Straub, Jean S (1987). "Benjamin Rush's View on Women's Education". Pennsylvania History. 34 (2): 147–57.
Medicina A Medicina nos séculos XVIII e XIX non estaba moi avanzada, e Benjamin Rush apoiou a medicina heroica. Isto incluía cousas como a flebotomía (hoxe sábese que é perigoso)Rush, Benjamin (1815). "A Defence of Blood-letting, as a Remedy for Certain Diseases". Medical Inquiries and Observations. 4. e houbo xente que o criticou por iso.
Tamén escribiu informes de casos sobre enfermidades infecciosas como o dengueRush, Benjamin, M.D. (1794). An account of the bilious remitting fever, as it appeared in Philadelphia in the year 1793. Philadelphia, Pa.: Thomas Dobson. e cría que a negrura era unha condición ou doenza da pel curable (hoxe tamén demostrado falso, como moitos outros prexuízos racistas).Rush, Benjamin (1799). "Observations Intended to Favour a Supposition That the Black Color (As It Is Called) of the Negroes Is Derived from the Leprosy". Transactions of the American Philosophical Society. 4: 289–297. doi:10.2307/1005108 Porén, Benjamin Rush defendía firmemente a igualdade de todos os seres humanos e estudou a saúde dos nativos americanos e as causas polas que contraían certas enfermidades.J. Kunitz; Benjamin Rush (1970). "Benjamin Rush on Savagism and Progress Stephen". Ethnohistory. Duke University Press. 17 (1/2): 31–42. JSTOR 481523. Reseñou o caso de Thomas Fuller, coñecido como "Tom o negro" nas cartas de Rush, e "Virginia Calculator" pola súa extraordinaria capacidade para resolver problemas de cálculo, e foi un dos primeiros casos rexistrados de síndrome savant na literatura médica. Rush describiu a sorprendente capacidade de Fuller para calcular sen ter recibido ningunha educación ou formación en matemáticas. A súa habilidade foi utilizada como proba de que os afroamericanos escravos eran iguais aos brancos en termos de intelixencia, algo que reforzou o discurso pro-abolicionista.
Benjamin Rush tamén fixo moito no eido da saúde mental e é considerado o "pai da psiquiatría nos Estados Unidos de América". Chegou a utilizar o mercurio para tratar algúns problemas mentais. Desenvolveu a terapia ocupacional e clasificou diversos trastornos mentais. Tratou a adicción como unha doenza médica e non como un pecado, nun momento en que a maioría da xente tiña malas opinións sobre os enfermos mentais, e defendeu que os enfermos mentais non eran "animais inhumanos"."Rush, Benjamin. Medical Inquiries and Observations, Upon the Diseases of the Mind: Philadelphia: Published by Kimber & Richardson, no. 237, Market Street; Merritt, printer, no. 9, Watkins Alley, 1812". Their Own Words. Carlisle, Pennsylvania: Dickinson College. 17 de xullo de 2003. OCLC 53177922. Arquivado do orixinal do 7 de xaneiro de 2004. Elster, Jon (1999). Strong Feelings: Emotion, Addiction, and Human Behavior. MIT Press. p. 131. ISBN 978-0-262-55036-9.
Pasamento Rush morreu de tifo en 1813. Foi enterrado no cemiterio da Christ Church en Filadelfia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Abolicionismo Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América Psiquiatría Thomas Fuller
Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1813 Categoría:Nados en 1746 Categoría:Abolicionistas Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América