As andanzas do Gato con Botas (en ) é unha serie estadounidense de animación protagonizada polo Gato con Botas da franquía Shrek de DreamWorks Animation. É un spin-off do filme de 2011 Puss in Boots coa voz de Eric Bauza. A serie estreouse orixinalmente en Netflix o 16 de xaneiro de 2015; a sexta e derradeira tempada estreouse o 26 de xaneiro de 2018. Tamén se estreou en Boomerang UK o 3 de setembro de 2018.
Emitiuse en galego a través da TVG.
Sinopse A serie está ambientada antes dos acontecementos do filme de 2011 Puss in Boots (2011) e conta como o Gato con Botas loita contra unha lexión interminable de invasores para protexer a vila de San Lorenzo. Despois das súas accións o feitizo que protexía o seu lendario tesouro do mundo exterior rompe, polo que debe atopar a forma de restaurar o feitizo de protección unha vez máis.
Notas
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2015 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega