Amaranthus muricatus é unha especie herbácea cosmopolita pertencente á familia Amaranthaceae.

Descrición É unha herba perenne, rizomatosa, que crece prostrada sobre o chan, con talos esbrancuxados. Forma unha panícula de flores terminais, pentámeras ou tetrámeras, raramente trímeras. Froitos fortemente rugosos na madurez. Orixinaria de América do Sur.Fl. Ib. gen. Amaranthus

Hábitat e distribución

É nativa de América do Sur e foi introducida na rexión do mediterráneo occidental. En España atópase na metade este peninsular, onde é relativamente frecuente como ruderal en lugares acedos e básicos. Escasa no centro e norte.

Taxonomía Amaranthus muricatus foi descrita por (Moq.) Hieron. e publicada en Boletín de la Academia Nacional de Ciencias, Córdoba, Arxentina (2): 421. 1882.

Etimoloxía

amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".

muricatus: epíteto que procede do latín murex, que é o nome dun molusco con cuncha con moitos picos, aludindo aos froitos rugosos.

Sinonimia

Amaranthus muricatus var. latifolius Sennen Amaranthus muricatus var. tenuifolius Sennen Euxolus muricatus Moq. en DC. basónimoAmaranthus muricatus en PlantList

Notas

Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas invasoras Categoría:Amaranthus Categoría:Flora de Galicia