O Bursaspor Basketbol é un club profesional de baloncesto turco con sede na cidade de Bursa. Actualmente xoga na Basketbol Süper Ligi (BSL), a máxima categoría do baloncesto turco, e na Basketball Champions League. Fundado en 2014, o club é a sección de baloncesto do club polideportivo Bursaspor. O equipo xoga os seus partidos como local no Tofaş Spor Salonu, recinto con capacidade para 7 500 espectadores.
Historia A sección de baloncesto do Bursaspor foi fundada no ano 2014, comezando a súa andaina na terceira división turca. Na temporada 2018−19 consegue o ascenso á máxima categoría, a Basketbol Süper Ligi (BSL) apos gañaren o campionato da segunda división, a Türkiye Basketbol Ligi (TBL). Este fito produciuse despois de teren gañado 25 xogos e perderen tan só 5. Na temporada 2019−20, o club tivo un rendemento destacábel a pesar de ser un equipo debutante, ocupando o noveno lugar antes da cancelación da liga por mor da pandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 o equipo finaliza de novo en noveno lugar, conseguindo clasificarse para xogar a EuroCup. Ao ano seguinte o club consegue un dos seus principais fitos ao chegar á final da EuroCup, onde perderon ante a Virtus Bologna por 80–67 nun encontro disputado na propia Boloña. Unha vitoria neste partido teríalles permitido disputar na seguinte temporada a Euroliga. A nivel doméstico o seu mellor posto foi na temporada 2022−23, cando o equipo conseguiu finalizar en quinto lugar despois de teren gañado 17 encontros.
Patrocinadores Por motivos de patrocinio o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: Bursaspor Durmazlar (2016−2019) Frutti Extra Bursaspor (2019−2023)
Temporadas AnoNivelDivisiónCopa Competicións europeas2017–182TBL 2º 2018–192TBL 1º 25–52019–201BSL 9º 11–122020–211BSL 9º 13–17 2 EuroCup 2021–221BSL 8º 19–14 2 EuroCup 2022–231BSL 5º 17–15 2 EuroCup
Xogadores Destacados
Birkan Batuk Ender Arslan İzzet Türkyılmaz Oğuz Savaş Onuralp Bitim Yiğitcan Saybir Marial Shayok Anthony Brown John Holland Xavier Munford Kevarrius Hayes Stefan Birčević
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial (en turco)
Bursaspor Basketbol