O Parque Nacional Talampaya é un parque nacional situado no leste/centro da Provincia da Rioxa, na Arxentina. Foi designada reserva provincial en 1975, parque nacional en 1997 e Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2000.

Localización O parque protexe unha área da ecorrexión Monte Alto. O parque abarca unha superficie de 2150 km², a unha altitude de 1500 m. sobre o nivel medio do mar. A súa finalidade é protexer importantes xacementos arqueolóxicos e paleontolóxicos atopados na zona. Posúe paisaxes de gran beleza, con flora e fauna propias do bioma de montaña.

O parque atópase nunha conca entre o Cerro Los Colorados ao oeste e a serra de Sañagasta ao leste. A paisaxe é o resultado da erosión pola auga e o vento nun clima desértico, con grandes variacións de temperatura: calor elevada durante o día e baixa temperatura pola noite, con choiva torrencial no verán e vento forte na primavera.

Características

O parque inclúe:

O leito seco do río Talampaya, onde os dinosauros viviron hai millóns de anos - atopáronse aquí fósiles, aínda que non son tan interesantes como os de Ischigualasto; A gorxa de Talampaya e as súas formacións rochosas con paredes da Formación Talampaya de ata 143 m. de altura, estreitándose ata 80 m. nun punto; Os restos de asentamentos de pobos indíxenas, como os petróglifos da Porta do Cañón; Un xardín botánico da flora local na punta estreita do canón; Fauna rexional, incluíndo guanacos, lebres, maras, raposos e cóndors.

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade na Arxentina Ligazóns externas Páxina oficial do parque

Categoría:Patrimonio da Humanidade na Arxentina Categoría:Parques nacionais da Arxentina