MDS 1, acrónimo de Mission Demonstration Satellite 1, e nomeado Tsubasa despois do lanzamento, é un satélite artificial xaponés lanzado o 4 de febreiro de 2002 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características MDS 1 ten unha masa de 480 kg, estabilízase mediante xiro e foi lanzado para probar a durabilidade de varios compoñentes comerciais no espazo. Leva os seguintes experimentos a bordo:
Demostrador de dispositivos comerciais: semicondutores e células solares. Demostrador de compoñentes: sistemas de computación paralela, baterías presurizadas e grabadoras de estado sólido. Equipamento para a adquisición de datos na contorna espacial.
Notas
Véxase tamén Outros artigos H-IIA
Categoría:Satélites artificiais