As linfocinasBUSCatermos linfocinaDiccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Medicina de Galiica. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2002. Páxina 437. Nota: Admite linfocina e linfoquina ou linfoquinas son un subgrupo de citocinas (ou citoquinas) producido polos linfocitos, un dos tipos de leucocitos do sistema inmunitario. Son proteínas mediadoras producidas polas células T para dirixir a resposta do sistema inmunitario realizando sinalizacións entre as súas células. As linfoquinas poden ter moitas funcións, como a atracción doutas células inmunitarias, como os macrófagos e outros linfocitos, a un sitio onde hai unha infección e a súa activación para preparalos para realizar a resposta inmune. Os linfocitos circulantes poden detectar unha concentración moi pequena de linfoquinas e despois moverse seguindo o gradiente de concentración ata onde é necesario desenvolver a resposta inmune. As linfoquinas axudan ás células B a producir anticorpos.

Importantes linfocinas segregadas polas células T axudantes son:Guyton, AC; Hall, JE. (2006) Medical Physiology, Elsevier Saunders. 11th edition, pp.447. Interleucina 2 Interleucina 3 Interleucina 4 Interleucina 5 Interleucina 6 Factor estimulante das colonias de granulocitos-macrófagos Interferón-gamma

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Citocinas